Feijóo sitúa a “liberdade lingüística” por riba das resolucións europeas

O lider do PP insiste en defender a “elección de idioma dos pais” malia que o parlamento de Bruxelas votou en contra e A Mesa contéstalle e asegura que “lle vai crecer o nariz de tanto mentir”.
Marcos J. Román Actualizado 28/03/2009 - 01:44 h.
18 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

A decisión do Parlamento europeo de rexeitar un informe promovido polo PP para garantir a liberdade dos pais para escoller a lingua da educación dos seus fillos semella que non botará atrás a Alberto Núñez Feijóo no seu compromiso de que sexan os proxenitores os que elixan en Galicia se os nenos son escolarizados en galego ou en castelán, unha promesa que efectuou ao longo da campaña electoral e que reiterou unha vez que gañou as eleccións o pasado 1 de marzo.
“Os dereitos civís están por riba das resolucións de calquer órgano”, interpretou onte o futuro presidente da Xunta, ao ser consultado pola decisión da Eurocámara, que aprobou o pasado martes un texto alternativo ao proposto polos populares, impulsado polos grupos socialista, liberal e verde e que aposta por salvagardar o multinlingüísmo nos países ou rexións nas que coexistan dúas ou máis linguas oficiais.
O documento suprime puntos do informe orixinal, que fora aprobado no pasado mes de febreiro pola Comisión de Cultura do Parlamento Europeo, un feito ao que se referiu Feijóo, que considerou un “erro” do PSOE modificar o dictame de dita comisión e acusou aos socialistas de ter “unha mensaxe nas comunidades monolíngües e outra nas bilíngües”.
O líder popular asegurou que a resolución que procuraba o PP en Bruxelas apostaba por algo “tan elemental como un multilingüísmo cordial” e insistiu en que a súa política lingüística na educación pasa pola promoción e o respeto á lingua propia de Galicia “e o respeto ás liberdades individuais para exercer calquera das dúas linguas oficiais” na comunidade, unha postura que “é a máis sentida polos votantes do PP e do PSOE en Galicia e estou convencido de que tamén por moitos votantes do BNG”. En canto á decisión da UE, veulle a restar importancia porque, segundo el, “os dereitos civís constitucionais son propios de cada persoa e iso é o que ten que prevalecer sempre”.
As críticas á intervención de Feijóo non se fixeron esperar e A Mesa pola Normalización Lingüística cargou con dureza contra o vindeiro xefe do Executivo galego, do que dixo que “lle vai crecer o nariz de tanto mentir”. Para o colectivo, “hai que ser moi cínico” para denominar bilingüísmo cordial ás emendas do PP en Bruselas, “que dicían que só existía o dereito a se escolarizar en castelán”. A agrupación cidadá reclamou a Feijóo “prudencia e sentido institucional” e unha vez máis lamentou a decisión dos populares de derogar o decreto do galego no ensino.

Pactos co PSOE e o BNG

Fóra do asunto da lingua, Feijóo aproveitou a súa comparecencia para asegurar que sexa cal sexa a postura da oposición, o PP adoptará na Cámara galega unha actitude responsable, que reclamou tamén a socialistas e nacionalistas. Nesa liña, amosou o seu desexo de “intentar non defraudar á xente” e tamén o de “intentar chegar a pactos en temas clave para o país” con PSOE e BNG.
Finalmente, o lider do PP tamén foi interpelado ao respecto das palabras do conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, quen defendeu a labor en materia económica do bipartito e pediulle que non a cambiase por completo. “Non lle diría ao conselleiro de Economía do próximo Goberno que se vanaglorie de políticas económicas mentres hai máis de 220.000 parados en Galicia”, replicou Feijóo, que reclamou ao titular de Economía en funcións “máis prudencia e modestia”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
A lingua de Galiza é o galego
dorrigueiro
2009-03-27 15:57:44
Está claro e certo que a incultura fomenta segregación, os nazis non foron os primeiros en queimar libros, diso houbo exemplos claros nas nosas terras, dende Isabel a Católica , a inquisición ou por tempos máís próximos o xeneral Franco ou calquera outro. Ningún deles conseguiu que o galego deixara de ser a lingua propia da Galiza, aquel bilingüísmo harmónico da era Fraga contribuíu a diminución do galego nas cidades con datos esclarecedores ao respecto. Con todo foi unha cara amábel, expresión do nivel cultural dos seus ideólogos. Por desgraza o nivel cultural dos actuais propoñentes queda claro e só conduce á segregación e ao enfrontamento. Pero malia que lles pese o Galego seguirá a ser a Lingua propia de Galiza. Cando queira empezamos sr, feijoo
2
feijóo.
Pacucho
2009-03-26 21:56:43
Independentemente do que digan as persoas alleas a nós, o Sr. Feijóo ten un compromiso cos seus votantes e co seu programa. Que o cumpla e o que temos que esixirlle, e o demais son caralladas, que para iso gañou.
3
Para Franck
Raúl
2009-03-26 21:19:30
Os "forofos" entendedes a política como si fose un partido de futbol e ou gaña ou perde un mesmo. Para min co resultado do 1-M perdeu Galicia non perdo eu. Para ti Galicia é o de menos, para ti o importante es ti, iso que sempre se chamou individualismo que tanto dano fai a esta terra, e que vos o queredes disfrazar con duas palabras sagradas como son "dereitos civis". Querido amigo, de Almanzor hai once seculos e ti quedaches no pasado, en Calatañazor. Hai que mirar cara o futuro, e este e dos pobos que se respectan a si mesmos, non dos que se avergoñan do que son. Mal que che pese o 17 de maio, en Compostela, as de ver as rúas cheas de xente orgullosa de seren galegos.
4
17 DE MAIO
FEIXOO
2009-03-26 20:19:38
O dia 17 de maio, "Os Frijolitos" van escoitar a nosa Galiza berrar. Durante catro anos tomaron as ruas, co Rouco Varela y a FAlange, agora as tomamos nos. FORZA GALIZA
5
Feijoo totalitario galegofobo
galego
2009-03-26 19:39:12
Este home odia tanto o galego que vai mesmo contra as institucions internacionais se fai falla para impornos a sua politica de apartheids e separar os nenos galegofalantes en guetos,coma se de apestados se tratase. Dende Franco non se viu unha persoa con tanto odio e desexo de perseguir a nosa lingua. Eu preguntome se e verdade que existe un sector "galeguista" no PP ¿Donde se atopa? ¿ pq non din nada ante as agresions a nosa lingua?
6
O dia 17 de maio, as ruas.
ANXO
2009-03-26 18:25:53
Galegos somos Galegos seremos, por Castelans nunca pasaremos. Frijolito, o día 17 de maio vemonos nas ruas. BURELA, BURELA, BURELA, BURELA, BURELA
7
Para Raul
Franck
2009-03-26 17:56:34
Raul, el 17 de mayo iros a la calle a manifestaros todos los que habeis perdido el 1 de marzo. Ahora, sólo os pido una cosa; no armeis ningún incidente como los de vuestros amigos de NOS-UP, que Almanzor ya destruyó Santiago una vez y no queremos que vuelvan a saquearlo.
8
17 de maio
Raúl
2009-03-26 17:10:26
Por suposto que ten todo o dereito a derrogar o decreto do galego, pero nós temos todo o dereito de mobilizarmos coma nunca se fixo pola defensa da nosa cultura, en definitiva pola defensa do noso país. ¿Que si somentes son bos galegos aqueles que defenden o galego? A resposta é clara: os que non defenden ó galego ou ben son uns ignorantes, ou ben son uns acomplexados. 17 de maio todos na rúa.
9
TRAPALLEIRO-TRAIDOR-MALDADE
PiPóo
2009-03-26 16:51:10
Ese traidor trapalleiro ten muita maldade. Defendamos o galego estes catro anos empezando polo 17 de maio en Santiago

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.