A Fundación Luís Seoane inaugura unha retrospectiva do pintor Alberto Datas

A institución coruñesa abre mañá ás oito unha exposición do pintor herculino, que centra o seu interese nos últimos anos de produción dun dos máis grandes artistas do país.
Víctor Paz Morandeira / A CORUÑA Actualizado 06/04/2009 - 17:11 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

Dise de Alberto Datas que era un autor apolíneo e dionisíaco ao tempo, un artista que dominaba a técnica clásica –proba disto son as restauracións de Luca Giordano que fixo no Escorial, como recorda o comisario da retrospectiva do coruñés, que se inaugura mañá, Xavier Seoane–, pero que se caracterizou por rachar cos códigos convencionais, cunha estética fragmentada que, paradoxicamente, dá un discurso coherente.
“Sen dar bandazos, seguro”, afirma Alberto Ruiz de Samaniego, responsable da Fundación Luís Seoane da Coruña, onde mañá ás oito da tarde se inaugura unha mostra retrospectiva deste artista herculino, que abraiara co seu persoal informalismo aos de Atlántica, que o incluíron nos 80 na súa exposición fundacional, xunto aos que eles consideraban os artistas galegos que máis lles influíran: Patiño e Lodeiro.
Os responsables da mostra opinan que, con ela, “págase a débeda que a cidade da Coruña tiña con Datas”. Son palabras de Silvia Longueira, responsable de Servizos Sociais, que en representación do concello da cidade, explicou que o pintor “levaba dous anos traballando para esta exposición”. Falecido en decembro de 2007, o artista atopábase nunha etapa de esplendor. “No seu kairós, no momento xusto, co corpo preparado para a grande batalla plástica”, opina Ruiz de Samaniego.

A madureza artística
Deste xeito, os traballos recollidos na mostra Alberto Datas. 1935-2007 son na súa maioría inéditos e dunha grande riqueza, polo que o interese do visitante debería ser redobrado. “Os seus cadros amosan unha densidade intensa”, opina o escritor Xavier Seoane, comisario da exposición, que define a Datas como un “artista de taller”, que non se pasaba moi a miúdo polas galerías e que facía valorar o seu traballo polo que era, e non polo que vendía.
O seu coñecemento da arte era completo. “Pouca xente da súa xeración tiña unha visión internacional cosmopolita na autarquía do franquismo. El gozaba dela”, di Seoane, recordando as súas visitas a Venecia e a outros focos da arte internacional nos seus primeiros momentos de carreira. Segundo o comisario, a grandeza dun artista está nese equilibrio entre o identitario e o cosmopolita, e Datas exemplifica á perfección ese plantexamento.
“Hai nas súas pinturas reminiscencias coruñesas, pegadas herculinas”, opina o director da Fundación Luís Seoane, que destaca o encontro que o artista acadou entre “o seu lado lumínico e o seu lado pulsional, máis recoñecible”. Unha xustaposición que se concreta no seu estilo “inquedo”, nunha “man que nunca paraba”, di Seoane.
Os procedementos desta contida paixón documéntanse cun conxunto de fotografías tomadas “na súa cociña”, como di Longueira, que complementan a outras de corte máis autobiográfico, rescatadas nun traballo de “arqueoloxía autoral”, matiza Ruiz de Samaniego.
Aquí xogou un papel importante a familia de Alberto Datas, que, paciente, sóubose adaptar “a uns ritmos distintos ás esixencias do corazón”, recorda Longueira, que transmite os desexos dos achegados a Datas por levar a cabo a mostra.

Un legado exacto
A este respecto, Magdalena Datas, filla do pintor, explicou que “non foi doado rescatar as fotos e debuxos dos álbums familiares”. Con todo, “na exposición está todo o que meu pai desaxaba”, cre, e engade que “se sentía máis a gusto cos grandes formatos” e que “estaba satisfeito co traballo realizado” para a fundación.
A primeira sala que o visitante atopa está repleta de lenzos feitos nos dous últimos anos de vida de Datas. A súa estética fragmentada exprésase a través de trazos violentos e unha constante: o collage de elementos da cultura popular.
Nunha chiscadela á Marilyn Monroe de Warhol, pinta á actriz  dunha maneira reduccionista e infantil. Nun cadro da última sala da exposición, pega un recorte dun xornal cun debuxo da súa filla Magdalena do curso 93-94, cando estaba en primaria. Pouco máis arriba, no mesmo lenzo, uns apuntes explican a “teoría cinética dos gases”.
Esta clase de detalles conforman o persoal estilo de Datas. A mostra dá unha visión xeral da súa obra e achega ao espectador ao proceso de creacións duns cadros que semellan inacabados. Poderase ver ata o vindeiro 28 de xuño

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.