A programación do Colón Caixa Galicia para o mes de abril comezará o vindeiro xoves, día 2 de abril, ás 20.30 horas, co espectáculo de humor Las Noches de Paramount Comedy. Tres grandes cómicos da canle de televisión, Luismi, Pedro Llamas e Carolina Noriega, deleitarán ao público coruñés con tres monólogos diferentes, orixinais e irónicos.
O secreto do éxito dos cómicos de Paramount Comedy reside en que os cómicos son ademais guionistas dos seus propios monólogos. Os novos cómicos elaboran as súas historias a partir de experiencias persoais ás que logo aplican unha gran dose de bo humor, ironía e incluso autocrítica.
O estilo único de cada cómico queda así plasmado no seu espectáculo. Historias surrealistas e disparatadas, vivencias de cada un e condutas humanas universalmente aceptadas combínanse nos monólogos de Paramount Comedy facendo cómplice ao espectador de todas as aventuras.
Las Noches de Paramount Comedy volven ás estradas españolas tras os excelentes resultados do ano pasado, onde máis de 32.000 espectadores gozaron dos monólogos dos Novos Cómicos en todo o territorio nacional.
A oferta cultural continuará o día 3 de abril coa representación da obra de teatro Y sin embargo te quiero, unha montaxe dirixida por Miguel Murillo na que se retrata as dúas Españas xurdidas en torno á Guerra Civil, xunto ao devir e as relacións de dúas personaxes, interpretados por Alejandra Torray e Ángeles Martín.
Segundo a información facilitada pola compañía, Y sin embargo te quiero , "é unha crónica de quen conviviron con sentimentos encontrados, con intereses opostos, con realidades enfrontadas pero compartiron sentimentos, intereses e realidades. É a crónica dun país que nunca estivo tinguido de cores, separado tallantemente, dividido ou parcelado porque existía unha gama de tons que envolvía a uns e a outros".
A obra conta a historia de Ana, unha muller que despois de corenta anos regresa á súa cidade deixando atrás toda unha vida de emigrante en Francia. Decide volver á casa Grande, a casa na que un día entrou como unha nena que tiña que poñerse a servir para paliar a fame da súa familia.
Naquela casa encontrou á señorita Rosa, a filla dunha familia acomodada á que debía acompañar e servir. Entre esas dúas mulleres, Ana e Rosa, xurdiu un vínculo que as faría ser cómplices, compartir os avatares da adolescencia e a xuventude e, sobre todo, afrontar os vaivéns dunha sociedade española que viu como se desataba a maior das traxedias, froito do enfrontamento entre o mundo de Ana e o de Rosa.
Dentro da programación do ms haberá as actuacions musicais de Diana Navarro o 17 e Nacho Vegas o 24 asi como o concerto das Catro Estacións de Vivaldi o 21.
En teatro poderase ver os dias 15 e 16 a obra Un dios Salvaje de Yasmina Reza, o 25 Mentiras, incienso y mirra de José Luis Iborra y Antonio Avera, o 23 o ballet Tabu ResOeste de Javier Martín e para os pequenos o 19, Robin Hood.
