extras > xgn10

Competicións, ideas, velocidade e xogos

Os participantes definen o que é a XGN para eles
Xornal de Galicia Actualizado 03/04/2009 - 21:51 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

Os concursiños e ginkanas son un dos sinais de identidade da Xuventude Galiza Net, e esta tarde xa se puxeron varios en marcha. O primeiro foi atopar unha frase que defina o que é a XGN para os participantes. Participaron 130 persoas, e tras eliminar obscenidades e críticas políticas e filosóficas, aínda quedaron algunhas grandes perlas:

¿Que é para ti a XGN?

Garen: ¡Simplemente friki!
Vitaminik:Pantalla azul de la muerte
McGyver: Entrada en la XGN: 30 €, el CD para el lanzamiento de disco: 0,13 € . Profanar un templo del deporte para que lo tomen 5000 frikis... ¡¡¡¡no tiene precio!!!!
Vic: Tras dez anos de xuventude...non vai sendo hora xa de tratala de vostede?
Fandinho: leña verde todo é fume Galiza . net
Sumomo: Diógenes no tenía tantos Teras como yo.
Gui-J: Cualquier tipo de relación sexual, CUALQUIERA, no es ni tan siquiera comparable a lo que un friki siente en la XGN... Claro que son pocos los frikis que saben lo que se siente en una relación sexual

Só é unha pequena escolma, pero o sábado aparecerán todas publicadas no Xornal Xuventude, un especial de oito páxinas que se repartirá a primeira hora entre os participantes do evento.

Outro concurso, agora mesmo en marcha, anima aos participantes a xogar a ser Florentino Fernández e Javier Capitán, nos tempos do informal. Trátase de coller uns vídeos propostos pola organización e dobralos con sentido do humor. E desta vez o material préstase moito: son clips breves do especial Star Wars de Padre de Familia, e dos episodios de The Simpsons e South Park adicados ao World of Warcraft. A última hora desta noite saberase quen gañou, e colgaremolo aquí.

Outra probas do día serñan ver quen mecanografía máis rápido unha serie de textos, máis ben retorcidos, con faltas de ortografía ou directamente borroso. Só para valentes. E, por último, faranse probas de agudeza visual, gañará o máis veloz en recoñecer imaxes de temática friki. Quedan para despois de cear, cando os asentos estean cheos.

Desenvolvéronse tamén as primeiras roldas dos campeonatos de videoxogos, sen ningún tipo de problema. "Con tantos anos, de experiencia, xa sabemos como parar aos que queren facer trampas", din os responsables. O máis popular, por número de inscritos, é o Trackmanía, un xogo de coches gratuíto e feito con software libre. O sábado á noite e o domingo iranse sabendo os gañadores.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.