extras > xgn10

Impecable estrea no Multiusos

O primeiro día da maior marathon informática de Galicia transcorreu con con gran éxito entre concursos, emisións en directo e berros de "tongo!"
A.L. Actualizado 03/04/2009 - 22:39 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

Xa esta por rematar a primeira xornada da Xuventude Galiza Net, o maior encontro informático do país, organizado pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Porén, dende o recinto do Multiusos do Sar é difícil diferencialo, porque a actividade non cesa e sempre hai xente diante dos ordenadores.

Dende as nove da mañá, os 1.800 inscritos, máis que en ningunha edición anterior, agólparonse na porta para coller os mellores sitios nas longuísimas mesas que cobren o mesmo chan no que no verán estará o público que veña ver a Bruce Springsteen. Pero esta fin de semana, o pavillón non é un templo do rock, senón do friquismo.

A presentación desta décima edición da XGN foi realizada durante a mañá por Paulo Rodríguez, voceiro da organización, e o animador Quim Llorca, que explicaron as novidades desta edición e sortearon os primeiros premios do día. Foron recibidos ao berro de "tongo!", unha consigna clásica neste evento cada vez que se reparten agasallos.

O día, cuberto ao detalle na web de Xornal de Galicia, transcorreu entre obradoiros de animación mediante Stop Motion (a técnica que se usa para animar plastilina, por exemplo), unha escola de astronomía, que ensinou a observar o Sol durante o día con seguridade, e outros dous baseados no software libre: Robótica con Ferramentas de código aberto, e de tradución de programas para teléfonos móbiles. Realizouse tamén un programa de televisión especial, emitido en directo e en streaming nesta mesma web.

ROBÓTICA

Celebrouse ademais unha exhibición do 50 robots que participarán a partir de hoxe, sábado, no I Concurso Internacional de Robótica organizado pola XGN e o IEEE, o Instituto de Enxeñeiros Eléctricos e Electrónicos, un organismo internacional As probas con estes incribles trebellos de medio metro comezarán hoxe e incluirán loita de sumo, percorrido de labirintos e carreiras de fórmula 1.

Na parte superior do Multiusos habilitouse unha zona aberta ao público, na que os centos de persoas que se deixaron caero puideron ver toda clase de actividades, relacionadas co ocio e a informática. Dende anotarse para a campaña do domino galego .gal, que xa leva dez mil sinaturas recollidas, ata observar un torneo de loita medieval con armas de seguridade, levado a cabo polos organizadores do xogo de rol en vivo Irmandiños, A Revolta.

Tamén foi posible ver as ultimas novidades dos xoguetes LEGO, presentados polo mesmisimo embaixador da marca en España, Lluis Gibert, ou botar unhas partidas a Xbox 360, PlayStation 3 e a Wii, de xeito gratuíto, e rematou por ser unha das áreas máis concorridas da XGN. Especialmente, os 'piques' ao Street Fighter 4 foron dignos de verse.

Hoxe, sábado, é o día grande da XGN, cando se espera a maior afluencia de público. A xornada comezou ás oito da mañá, coa retransmisión da clasificación do Gran Premio de Malasia, se é que rematou algunha vez.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.