Primeiros pasos na X Xuventude Galiza Net, o maior encontro informático de Galicia. Compostela recibe con frío aos 1.800 participantes que esgotaron a inscripción hai xa meses, e ás dúas horas da apertura de portas a cola para recoller as acreditacións aínda é longa. Alomenos, permite estar apretado e recoller calor humano.
É máis xente da que nunca se xuntou nesta veterana party, grazas a que este ano moveuse a sede ao Mulitusos do Sar, porque mal ían caber no Pazo de Congresos, onde se celebraron edicións anteriores. O mesmo escenario que acollerá a Bruce Springsteen este verán, está agora chego de sobremesas, portátiles, webcams, proxectores e toda a parafernalia necesaria para a fin de semana geek que se aveciña. E xa voa o dirrxible-mascota.
Todo quedou listo ás tres da mañá do xoves, agás a extranet, a zona de xogos, obradoiros e conferencias, aberta ao público. Teñen que instalarse nela varias entidades, como LEGO, Mancomún ou Filmax, e nesas andan agora. Poderase visitar cara as 12.00 horas.
Xorden as primeiras dúbidas (cal das 13 canles da wifi é a boa?) e os primeiros problemiñas técnicos. Caeu a rede nos primeiros momentos, algo normal na mañá do primeiro día, e a alguén se lle esqueceu desactivar a configuración DHTP do seu equipo, que anda a exercer como servidor amateur e pode interferir nos oficiais. Ollo con iso. En calquera caso, toda a información interna da party está dispoñible para os participantes en http://na.xuventudegaliza.net/.
Dende denfro e dende fóra do pavillón, para ir coñecendo as actividades, poden botarlle un ollo á reportaxe de apertura do noso suplemento de lecer, EXIT. Porén, temos que recoñecer que hai unha erro nel, a XGN non é a segunda maior party de España, senón a terceira. Por diante están a Campus Party de Valencia, e en primeiro lugar, o Euskal Encounter de Bilbao.

