Lluis Gibert é o embaixador de LEGO en España, un curioso cargo que consiste en ser o enlace entre a comunidade de afeccionados aos xoguetes desta marca en España e a sede da empresa en Dinamarca. Veu a esta Xuventude Galiza Net invitado pola organización, para presentar os últimos modelos de LEGO, moitos deles non dispoñibles aínda nas tendas españolas,
No mostrador que teñen diante, a estrela son os modelos de Star Wars, como a Estrela da Morte ou os Cazas do Imperio, así como algúns da serie de televisión de Futurama. Pero iso é porque a demostración de robótica, da liña LEGO Mindstorms, queda reservada para o sábado.
Hoxe tamén realizaron un pequeno concurso de Lego Designer, unha ferramenta informática que permite montar os famosos bloques de plástico no ordenador. Os que o fixeron máis rápido levaron figuriñas de premio, con ou sen tongo.
Os afeccionados a LEGO forman unha comunidade moi activa, que mantén unha estreira relación coa empresa e que consegue envíos de material antes que as propias tendas. Tamén editan a revista Hispabrick, de consulta gratuíta en internet, e realizan anualmente un encontro, que este ano se celebrará en Madrid, na ponte da Constitución, para que poida pasarse máis xente.

