extras > xgn10

Plastilina e máis carreiras para continuar a mañá

O Multiusos Fontes do Sar xa está completamente ilumidado e esperto. Atender a todas as actividades é imposible. As opcións para as próximas horas son os diferentes torneos de videoxogos, entre os que destaca Trackmania Nations Forever, seguir cos cursos e competicións de robótica, ou aprender a facer unha curtametraxe en Stop Motion.
Xornal de Galicia Actualizado 04/04/2009 - 13:59 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 6 voto/s

Os participantes de Xuventude Galiza Net decidiron ir ás orixes do seu traballo e mostrar como se constrúe un ordenador persoal, peza por peza, nun vídeo feito por Stop Motion. Esta tecnoloxía é a empregada en filmes de animación como Pesadelo antes de Nadal, onde se capturan 25 fotogramas dun segundo cinematográfico mediante bonecos en plastilina que seguen esa acción. O ordenador une esas imaxes fixas, dando a sensación de movemento.

Aquí non usan a plastilina, pero seguen o mesmo procedemento para aprender a crear unha curtametraxe. "Temos catro talleres diarios de dúas horas. Veñen unhas 15 persoas e ata agora están a funcionar moi ben", di Virginia, da compañía Algarabía Animación, encargada de dar os cursos. Esta empresa ten moita experiencia neste campo. Eles foron os responsables de crear a cabeceira dos guiñoles de Canal +, e actualmente pasan pola galega unha campaña de prevención de riscos na casa para nenos, no que un gato con espada láser e cabeza de Darth Vader, que xoga cos nenos, queda atrancado nunha porta.

A proposta é moi divertida, e fai furor entre os asistentes. "Á xente de aquí é o que máis lles gusta", di o seu compañeiro Tomás. Coa dose de frikismo adecuada, os participantes xa están preparados para comezar. Ocórreselles construír un procesador paso por paso e, unha vez pasadas as imaxes ao ordenador, "parece que se monta el so, todo seguido, como por arte de maxia", comenta Virginia.

 

Colaboración con Lego

Os responsables dos torneos Lego, que mostran no evento as construcións máis impactantes feitas con estas pezas, deixáronlles unha caixa de bricks aos do curso de Stop Motion. Con eles, os participantes construíron unha casa da nada e fixeron bailar a uns monequiños break dance. Estas son só algunhas das iniciativas levadas a cabo por estes cursos, que se seguirán a desenvolver ao longo do día.

Os compañeiros de robótica seguen co seu curso e, na pista de competición, están a montar nestes intres o 'labirinto descoñecido'. Nesta modalidade, a intelixencia artificial do robot deberá atopar a saída sen coñecer de antemán o camiño. Engádense uns muros que poden dar moitos problemas.

"Ás veces, ademais dos infravermellos, engádense sensores de ultrason. Se están mal calibrados e calculan mal a distancia cos obstáculos, poden darse erros e os robots quedan bloqueados contra os muros", di o organizador da proba, Germán. Así e todo, os aparatos levan incorporada unha memoria interna que corrixe os erros e, cando volven pasar polo mesmo lugar, corrixen a traxectoria. Gaña o que antes saia do labirinto.

 

Videoxogos especializados

Pouca xente coñece o Trackmania Nations Forever. Parece que os coches tiran forte na edición deste ano, porque este xogo libre consiste en conducir o teu bólido moi rápido e chegar á meta antes cos outros. Ao non ser unha proposta comercial, os participantes poden facer as modificacións que queiran nos modelos de coches, no deseño dos circuitos, e en mil elementos máis. As posibilidades son case infinitas, e de aí o seu éxito.

Isto débese a que é software libre de dereitos. Mancomún, dependente da Xunta, ten moito interese en distribuír este tipo de materiais. O Galinux, sistema operativo libre e en galego, pódese atopar de balde en todas as aulas que a Rede de Dinamización da Sociedade da Información ten espalladas por toda Galicia. A presenza de Mancomín no evento pretende incentivar o seu uso.

Outros xogos que teñen os seus torneos en Xuventude Galiza Net son o xa mítico Quake e o de baile Step Mania –un clásico das recreativas–, entre outros tantos. Os gañadores de todos os concursos daranse a coñecer mañá.


Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.