extras > xgn10

Remata o campionato de Trackmanía

Xogos vellos e antigos combínanse nos últimos torneos de Xuventude Galiza Net. As dobraxes de series famosas achegan o punto cómico á cita.

Xornal de Galicia Actualizado 04/04/2009 - 18:19 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

A golpe de vista é un torneo que consiste en recoñecer as imaxes de videoxogos que se van proxectando nunha grande pantalla. En cuestión de segundos, un participante acertou todas, achegouse á mesa da organización e, cando lle dixeron –en referencia aos xogos proxectados, que eran dos 80 e 90 maioritariamente– "ti es un auténtico old school", respondeu sen máis: "Era moi doado". Foi un dos momentos máis divertidos da xornada para este xornalista, que xa veu como unha avalancha de geeks recollía gorras "al vuelo", dicían algúns, co logo de Xuventude Galiza Net como se fosen as camisetas sudadas da súa estrela de rock favorita, ou robots imposibles feitos con catro pezas nun garaxe.

Hai paixón no evento, e isto nótase en todo o que se organiza. O gañador do torneo de Trakmania, un videoxogo de coches libre, que dá moitas posibilidades, vén de se achegar á mesa de organización tamén para comentar como empezou con esta afección: "Hai cousa de ano e medio, estaba canso de xogar ao Counter Strike –xogo de tiros– e quería algo distinto. Este era gratis. Apunteime e en breve era o campión de España".

Pablo Psycko Avilés ten o coche 'tuneado', de acordo cun clan ao que pertence, Overgame, que é o segundo mellor de todo o Estado. Gañar hoxe aquí tamén lle debeu resultar doado.

 

Tongo, tongo

Son os berros dos participantes, que interrompen a conversa porque non están moi de acordo cos resultados de A golpe de vista. Esixen as respostas, para ver que non hai "tongo". os organizadores acaban de convocar outro torneo, visto o éxito, de series clásicas de televisión.

Relacionado con isto está o concurso de dobraxe, celebrado onte, e que xa ten gañador. Farase outro máis hoxe. A película que parodia Star Wars da serie animada Padre de Familia serviu, xunto a extractos de South Park e Los Simpson, para montar dobraxes definidas pola organización como "macarradas". O mellor destes traballos levouse un disco duro multimedia de 250 xigas. O nome do seu creador, Segio Mella.

"É unha chiscadela oa polvo con cachelos", comenta. No vídeo, os personaxes da serie estadounidense aparecen soltando unha "parrafada" sobre a cor que lle dá o polbo ás patacas, e chaman a Telepizza para encargar comida a Xuventude Galiza Net. "Outra das súas grazas é que o subtitulei en castelán, pero non ten nada que ver co que se din", explica Mella.

E é que hai cousas que son intraducibles, ou, noutros casos, inexplicables.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.