extras > xgn10

A tecnoloxía muda o espazo

A popularización de ordenadores portátiles fai que os procesadores decorados en eventos deste estilo estean en crise. O 'copia e pega' cables e placas trasládase aos robots, protagonistas de Xuventude Galiza Net 2009.
Xornal de Galicia Actualizado 04/04/2009 - 13:50 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

Ver formas estrambóticas nas torres dos ordenadores era algo común hai uns anos nos encontros como Xuventude Galiza Net. Hoxe semella que esta práctica é de resistentes. Case non hai procesadores decorados na edición de 2009. O incremento do uso dos portátiles fai que isto sexa innecesario e aínda máis inútil. Estas pezas son case elementos de museo.

Porén, os robots están á orde do día e, como se dun curso de bricomanía droide se tratara, os construtores destes aparatos agólpanse nas mesas do pabillón, preparando as súas creacións para os torneos. Veñen de moitos lugares do Estado español, grazas a un bus que a organización fletou dende Madrid. Alberto e Dani pertencen a este grupo. Danlle os acabados a dous dos seus robots.

 

Hardware libre para robótica

"Compramos pola rede unha placa Arduino, que é hardware e software libre, e outras pezas para o que non é electrónica base", di Dani. Cables, soldadores e demais, na tenda da esquina. Alberto está a construír un robot recuberto don pezas de Lego que participará no concurso de seguemento de liñas, a través duns raios infravermellos que as identifican e que lle fan seguir o camiño trazado.

"A construción dun destes robots pode levar dunha semana a varios meses, a unhas oito horas semanais, que tamén hai que estudar. Todo depende da súa complexidade", explica Dani, que implementou ao seu Camión dos Soños, que participará na carreira de fórmula 1, un porto USB para poderlle transmitir a programación antes da proba. "Son coma os teus filliños. Xogas a ser Deus. Tómaslles cariño e ata lles pos nome".

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.