extras > xgn10

Accidentadas carreiras

O circuito de Malasia non se chegou a completar debido ao mal tempo. A reconstrución en Xuventude Galiza Net foi espectacular e igual de accidentada.
Xornal de Galicia Actualizado 05/04/2009 - 17:18 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

Os robots, grande reclamo desta edición de Xuventude Galiza Net, veñen de protagonizar un dos momentos máis esperados do día. O público foi amplo, contábase por ducias, e a expectación era enorme.

Participaron un total de oito robots dos 50 participantes inscritos en robótica, nun circiuto que recreaba o de Malasia. Pablo, de Madrid, logrou vencer cun bólido que estaba programado para gardar sempre a súa dereita e ir polos bordes coa máxima rapidez posible, tomando as correspondentes curvas e freando cando era necesario. A súa carreira foi impecable.

O robot NEC, que xa participara pola mañá na proba de habilidade, tirou todo seguido, unha vez máis, con premura pero sen xeito. Todo recto. Houbo outros que nin arrincaron, ou quedaron na primeira recta. Un que tiña forma de coche de Fórmula 1 protagonizou o momento máis gracioso, pois a súa programación facía que, cando erraba, volvera para atrás. Tiña un problema coa velocidade. Ía tan rápido que non lle daba tempo a correxir e volvíase tolo á hora de seguir a liña. Comezou a andar por todo o recinto, pasando entre as pernas dos espectadores, e tivo que ser eliminado para que ninguén resultara mancado, ou o coche, destrozado.

Así e todo, quedou de terceiro clasificado polo seu esforzo. Un que tardou en chegar, pero chegou, foi o do equipo Xaquín. Feito nun día nos talleres de Xuventude Galiza Net, sen coñecemento previo, foi o máis feo dos presentados, pero tamén o máis eficaz. Os sesu cables relucindo na carcasa non evitaron que conseguira unha segunda posición con seguridade, avanzando lento, pero inexorable.

 

Pasos frenéticos

Outro campionato que terminou hai pouco é o de Stepmania, popular xogo de bailes, versión libre de clásicos modernos de recreativa como Pump It Up. Gañou D4Kríto, en duelo directo con Adri, que finalmente foi eliminado por unha pequena diferenza de puntos. "Na primeira ronda, pensei que xa estaba fóra, porque caín da alfombra e perdín moitos puntos", di Adri, que leva uns tres anos xogando a Stepmania e que se sinte moi orgulloso do resultado.

D4Kríto é moito máis orgulloso. "Estou nunha mala época", di. "Deixei de practicar tanto porque me chamaban friki", comenta. Non é difícil entender eses comentarios cando se ve que xoga con dúas alfombras á vez e acerta case todos os pasos. Un crack dos viedeoxogos, como moitos aquí reunidos.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.