Camperbot, Fragabot e Robokill. Eses son os gañadores desta loita, que enfronta a robots virtuais creados polos participantes nunha batalla encarnizada polo control da intelixencia artificial. O xogo é moi sinxelo visualmente. Consiste nunhas bólas que dan voltas e disparan. Así e todo, esas limitacións técnicas non son un problema para os asistentes á Xuventude Galiza Net, que proclamaron o vencedro con berros e animaron divididos por equipos a proxección da final deste campionato, que vén de rematar hai uns minutos.
Normalmente, estes robots móvense freneticamente e disparan moito. O gañador só tivo que tirar un par de proxectís e gañou. Apunta, dispara e acerta. Así de sinxelo. A entrega de premios adiántase ás seis, co que terminará esta party, na que algúns xa están comezando a empaquetar os seus equipos. Queda por coñecer o gañador do concurso Coñece Santiago, que premiará a mellor foto da cidade feita polos participantes.

