A serie IT Crowd serviu como excusa para dobrar unha escena hilarante na última edición da Xuventude Galiza Net. Tres personaxes da serie falan en 'koruño', dialecto propio da cidade herculina, sobre unha caixa que contén material pronográfico. A graza está no tipo de linguaxe que utilizan, que soa absurda no contexto dos que coñecen a serie.
O terreo da animación tamén foi obxecto de trucaxes deste estilo. Padre de Familia foi a elexida para realizalos. Un vídeo no que se fala de encargar polbo con cachelos ao Telepizza foi o galardoado.
Queda por saber quen vai levar o premio polo vídeo XGN, centrado no propio evento. O de Galinux ten algúns destacados, como o rap que se mostra abaixo, pero os gañadores foron finalmente unha parella que personifica o Linux e o Windows, nunha conversa dialéctica en clave de comedia.
Outras competicións destacadas da última hora foron a final da proba de habilidade de robots, que finalmente gañou Xaquín, como xa se adiantaba pola mañá, e as batallas de Robo Code e Real Time Battle, con bots programados polos asistentes.
