A décima edición de Xuventude Galiza Net concluíu a iso das seis e media desta tarde coa entrega de premios, correspondentes aos diferentes torneos que se foron librando. Estes son os principais galardóns dun encontro con ducias de campionatos. Inclúense a continuación as principais categorías:
- Starcraft: Clan Lume na Palleira. Entrega de tarxetas gráficas e fonte de alimentación.
- Cod 4: Clan serecutiños. Mesmo premio.
- Case Mod (modificacións a caixas de equipos): Fernado García Mariño. Leva o anterior e un USB de 16 xigas.
- Habilidade con robots: Grupo Xaquín. Unha impresora láser e unha cámara de fotos dixitais.
- Robocode: Antonio Resa García. Disco duro multimedia e impresora fotográfica Canon.
- Fórmula 1: Pablo Puig. Impresora láser e cámara de fotos.
- Mellor vídeo: Rafael Carbayeda Castro: Playstation 3 e impresora fotográfica.
- Real Time Battle: Severo Javier García Garrido. Disco duro multimedia e impresora fotográfia Canon.
- Animación: José Miguel Sagüillo Arbones. Un ordenador completo, con grande potencia gráfica.
Antes da entrega de premios, pasáronse os vídeos presentados. Engádense aquí o vídeo gañador.

