A biodiversidade lírica de Manuel Rivas

O autor galego presentou en Madrid o seu novo poemario, ‘A desaparición da neve’, que Alfaguara publica en galego, castelán, catalán e éuscaro, nunha aposta pola riqueza lingüística
Xornal de Galicia Actualizado 22/04/2009 - 13:45 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

O escritor Manuel Rivas crea no seu novo libro de poemas, A desaparición da neve, un "bosque da biodiversidade", no que quixo que teñan cabida as linguas oficiais que se falan en España: o galego, o eúscaro, o catalán e o castelán. Por iso traduciu todos os poemas do libro a estes catro idiomas, nun intento por transgredir límites e fronteiras, nun momento no que "tristemente, impera unha condición sectaria da política" e ponse énfase nos "conflitos", e non na riqueza que xera a pluralidad lingüística do Estado.

Rivas comezou onte na Casa de Galicia de Madrid a rolda de presentacións deste libro, e agradeceu a aposta da editorial Alfaguara pola "diferenza", ao permitirlle realizar unha edición con catro caras.

O escritor e xornalisa definiu a súa última obra como "un ser vivo" e asegurou que se escribe "non sobre un folio en branco, senón sobre un manto de neve". "A neve é un abrigo onde latexa a primavera, onde está a memoria adormentada", asegurou o escritor galego, que dixo estár convencido de que escribir "é un desxeo onde vas describindo cousas que antes non se vían, pero estaban aí".

A CÉLULA NAI DA POESÍA

Para Manuel Rivas, a poesía ten a condición de "célula nai", e A desaparición da neve observa a natureza non dunha forma contemplativa, senón como "unha historia de feridas", unhas feridas que "ás veces son irreversibles", como as que actualmente pódense observar no litoral español, "cheo de cicatrices" por mor da construccion desmesurada dos últimos anos.

Pero tamén falan os poemas do escritor das feridas do corpo humano, e da súa relación coa natureza, ás que se une a historia das palabras, ante o convencimiento de que "construímos xuntos coa natureza, o corpo e as palabras unha materia erótica". Tan erótica como a visión que o autor ten da "riqueza" das distintas linguas, que "están desexando ir á boca, coa que se poden facer moitas cousas".

Na presentación de A desaparición da neve, na que Rivas atreveuse a recitar algúns poemas en galego e en castelán, aínda que non en eúscaro nin en catalán "de momento", estivo presente o tamén escritor e "sempre amigo" Fermín Bouza, quen desvelou que foi en moitas ocasións a súa "gorxa profunda" e o seu conselleiro ao redactar numerosos artigos xornalísticos. Manuel Rivas admitiu que cando pouco antes das últimas eleccións galegas, nas que o PP recuperou o poder na Comunidade Autónoma, escribiu un artigo titulado Que vén o lobo, que estivo inspirado nas opinións e nos datos de Bouza, "e non se equivocou, porque o lobo chegou".

Tamén tivo palabras de eloxio para o ata agora director da Casa de Galicia, Alfonso Sobrado Palomares, presente nun dos seus últimos actos antes de abandonar o cargo: "Co seu labor deulle un xiro copernicano á entidade".

Para Fermín Bouza, A desaparición da neve é "unha viaxe ao segredo da natureza e das cousas", e responsabilizou a Rivas de "meter á literatura galega na modernidade" cun sistema de collage, ao estilo dos pintores "da vella vangarda" como Luis Gordillo. O tamén catedrático de Socioloxía definiu o último poemario de Manuel Rivas como "un ritual de paseo a través da materia iluminada", que gozou lendo na súa Galicia natal a pasada Semana Santa.

O MÉRCORES, EN SANTIAGO

Manuel Rivas estará esta mañá, ás 12.00 horas no Consello da Cultura Galega, en Santiago, para presentar o seu novo libro, que inclúe un CD con varios poemas recitados por el mesmo, con música de César C. Morán e Pulpiño Viascón. No acto intervirán tamén Henrique Monteagudo, secretario do Consello da Cultura Galega, e Rosa María Junquera, de Alfaguara.

Nacido no barrio de Monte Alto da Coruña, en 1957, Rivas é un dos escritores galegos con maior proxección. Foi Premio Nacional de Narrativa, polo libro de relatos Que me queres, amor? e gañou tres vesces o Premio da Crítica, polo seu traballo nos textos de Un millón de vacas, En salvaxe compaña e O lapis do carpinteiro.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.