Mini e Mero gañan o Pedrón de Ouro

Os musicólogos Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias foron premiados pola súa divulgación da cultura oral de Galicia
EFE Actualizado 21/04/2009 - 13:17 h.
2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, máis coñecidos como Mini e Mero, foron distinguidos co premio Pedrón de Ouro-2009 polos esforzos e o traballo que realizan desde 1972 para recuperar e transmitir o patrimonio oral de Galicia.

Así mesmo, a Fundación do Pedrón de Ouro outorgoulle o Pedrón de Honra 2009 á filóloga romanesa Mariana Ploae-Hanganu, polo seu "labor de difusión" da lingua e literatura galegas no seu país, informou un comunicado.

O Pedrón de Ouro recoñece a personalidade ou entidade viva e residente en Galicia "que máis destaque na defensa e na promoción das diversas facetas da cultura nacional" ao longo do ano ou na traxectoria dunha vida. Pola súa banda, o Pedrón de Honra distingue unha personalidade ou entidade viva, galega ou non, residente fóra de Galicia, que máis destaque coas súas achegas ao "engrandecemento da Nación e a súa cultura", engade a nota.

Tanto Mini e Mero como Mariana Ploae-Hangagu recibirán os seus respectivos premios o 24 de maio, nun acto literario que se celebrará ás 12.30 horas na Casa Museo de Rosalía, en Padrón. Mini e Mero, que pertencen actualmente ao grupo de música tradicional 'A Quenlla', manifestaron en declaracións a EFE que o Pedrón de Ouro supón para eles unha "gran satisfacción", ademais dun "empurrón" para seguir recompilando cancións, refráns, lendas e outras expresións da cultura oral galega.

Ademais, Mini sinalou que ese galardón "tamén se lle está dando a moitas persoas" que desenvolven tarefas similares "en silencio", e asegurou que nin el nin Mero "o merecen", porque o seu traballo "é un acto egoísta, é beber dunha fonte na que outros non poden".

Os dous musicólogos coincidiron en que o "mérito en si" é ter a oportunidade de "redescubrirse a si mesmos" a través da investigación cultural que emprenderon hai case corenta anos, e que continúa hoxe en día, porque lles axudou a "vivir dun modo harmónico co ser de Galicia".

Mini e Mero recompilaron material por toda a xeografía galega, pero, fundamentalmente, na súa comarca natal, a Terra Cha, e as zonas de Boimorto e Mesía, onde exercen de profesores. Os etnógrafos aseguraron que é "imposíbel" contabilizar o material recompilado estes anos, arquivos que pretenden "difundir" e "poñer nun gran foro" porque "son patrimonio de todos".

Para iso, existe un proxecto de colaboración co Museo do Pobo Galego que permitirá acceder a unha base de datos de todo o patrimonio oral recollido durante estes anos polos novos Pedrón de Ouro, dentro dun ano, aproximadamente.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
LEDICIA
Xosé Luis Bóveda
2009-04-18 21:20:51
Recibo a noticia coa inmensa satisfacción dunha merecida homenaxe. Mini eMero, Xosé Luis Rivas e Baldomero Iglesias,son exemplo de bonhomía e traballo contínuo encol da recuperación da nosa riqueza cultural. Noraboa.
2
merecido
ERNESTO
2009-04-17 16:21:15
parabéns a eles e aos seus que non son poucos.velaí un recoñecemento importante e que os define no pobo do galego.buxo,beleza e liberdade.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.