“Cando actúas ti so, nótanse máis os erros”

Iván Marcos reflexiona sobre a identidade en ‘Eco’
A. Losada / SANTIAGO Actualizado 22/04/2009 - 13:45 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

Iván Marcos é o director e único protagonista de Eco, un espectáculo próximo á performance que coproduciu coa axuda do Centro Dramático Galego (CDG). Alumno de Manuel Lourenzo en Galicia e de Phillipe Gaulier en Londres, Marcos fai de actor e danzarín sobre unha plataforma xiratoria, típica do teatro kabuki xaponés, na que se despoxa paso a paso da súa propia identidade. Hoxe ofrece a súa última función no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

Como explicaría o que é Eco?
Diría que é unha reunión entre un evento escénico compartido e unha peza de teatro. Reflexiona sobre o momento no que unha figura, un son ou un ente acada a súa propia independencia, sobre como os nosos gustos, as nosas opinións e as nosas ideas fan de nós o que somos, diferénciannos do resto. Pero tamén son as nosas cadeas, limitan o número de opcións que podemos tomar sen deixar de ser fieis a nos mesmos, sen quebrar a imaxe que temos de nós mesmos.

O bo é o malo da identidade...
Si, pero sen entrar en cuestións morais. Non ofrece moitas respostas, pero fai preguntas sobre un asunto que sempre é difícil de tratar, e será o público quen as teña que responder na súa cabeza.

Todo iso cóntao vostede so no escenario, apoiado por material audiovisual.

Non estou tan so, porque o audiovisual ten moito peso. Serve para amosar o escenario dende diferentes perspectivas, para que o público poida ver ao actor, a min bailando diante deles e, ao mesmo tempo, reflectido na pantalla, dende outro ángulo. Son os ecos do título, que afondan na reflexión sobre a identidade.

Non é esixinte un papel que centra en vostede toda a atención?
[Pensa]Si e non. Cada espectáculo ten diferentes necesidades, polo que respecta ao intérprete. Noutros momentos, podes estar nun escenario cheo de actores, e tes que estar nun segundo plano, pero presente durante todo o espectáculo, aínda que fagas poucas cousas ou ningunha, é ese traballo tamén esixe moito. Pero, claro, a posición de protagonista é a máis evidente, especialmente para mal. Aseméllase un pouco a dos porteiros no fútbol, que todo o mundo se da conta cando falla, pero se o fan ben pasan desapercibidos. [ri]

Custoulle convencer ao CDG para que aceptase esta proposta?

Pois, non. Nos últimos tempos o CDG abriu canles para recibir proxectos de novos creadores. Eu presentei este e tiven a sorte de que contaran comigo, polo que lles estou moi agradecido.

Vostede pensa que foi o habitual nos últimos catro anos, pero cre que a Xunta de Feijóo manterá esas canles?
Pois tal vez sexa dos que menos idea teñen do tema, pero unha cousa é segura: esta política funcionou e tivo unha boa acollida de público, así que non creo que deban cambiala. Grazas a ese tipo de apoios a escena artística galega reactivouse e, certamente, dende que eu marchei do país, houbo un cambio considerable.

O groso da súa carreira desenvolveuno no estranxeiro, non é?
Marchei a Inglaterra con 19 anos, en principio para pasar un ano e formarme. Pero como lle ocorreu a moitos emigrantes, ao final quedei nove e tiña trazas de non volver. Volvín esta decisión porque aínda me considero novo como para empezar unha vida de cero. Aquí non coñecía a ninguén, pero Matarile Teatro abriume as portas  para traballar con eles, cousa que aínda fago hoxe, e foi o que me permitiu afincarme.

É difícil ser bailarín en Galicia?
O caso é que eu son un tío un pouco particular, porque me movo en diferentes ambientes. Son actor, pero tamén fago de bailarín ou de director. Debido a que teño unha formación moi interdiscipliñar, teño a oportunidade de cambiar dun pau ao outro, e iso facilita atopar traballo. Nos últimos tempos a cousa mellorou, porque se foron abrindo moitas compañías, pero o que é a danza contemporánea en concreto, é un ámbito complicado. É algo moi novo, que non se tomou en serio ata hai pouco máis dunha década.

Tan pouco?
Non digo que non houbera xente aquí que o fixera, pero non contaban nin cos medios nin coas axudas para que o público xeral puidera gozar do seu traballo.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.