María Reimóndez inicia o II encontro Cidade da Coruña

No evento, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, tamén falarán Elena Poniatowska, Marilar Aleixandre e Teresa Moure
Xornal de Galicia Actualizado 27/04/2009 - 21:40 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega co patrocinio e colaboración da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, este vernres dará comezo o II Encontro Cidade da Coruña, que se desenvolverá na sede da Real Academia Galega (rúa Tabernas, 11), sempre ás 20,00 horas, baixo o lema Mulleres na Literatura, e contará coa presenza de María Reimóndez (24 de abril), Elena Poniatowska (8 de maio), Marilar Aleixandre (15 de maio) e Teresa Moure (22 de maio).

O encontro comeza, pois con María Reimóndez. Tradutora e intérprete de profesión, o seu primeiro libro publicado é o poemario Moda Galega (2002). En 2003 recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo con O Caderno de Bitácora. Malia esta incursión recente no panorama literario, María Reimóndez leva escribindo desde que tiña 6 anos, recibiu premios durante a súa mocidade, é autora de varias obras de teatro e participou en distintos recitais poéticos. En 2007 obtivo o Premio de Novela San Clemente con O club da calceta, narración que de seguida se adaptou para o teatro e que en breve será levada ao cinema.

Na actualidade colabora no xornal A Nosa Terra e en Vieiros. É fundadora da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Intepretación, e da ONG Implicadas/os no Desenvolvemento, que leva traballando na India desde o ano 1998, e en Etiopía desde 2003.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.