Francisco Pillado insta á Xunta a rexeitar o documento da FAES contra a normalización

O escritor reclama que Feijóo declare a Aznar "persoa non grata" por mor do informe no que a fundación que dirixe tilda de "experimento" as políticas de recuperación do galego.
Redacción/Axencias / Santiago Actualizado 28/04/2009 - 01:50 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 7 voto/s

O escritor Francisco Pillado saíu onte ao paso do informe no que a Fundación para el Análisis y los Estudios Sociales (FAES), presidida José María Aznar, cualifica de “extravagancia” o proceso de normalización da lingua galega.
  Nun encontro con xornalistas celebrado onte en Santiago, Pillado, xunto ao dramaturgo Manuel Lourenzo, apuntou que, ao seu xuízo, “diante de atentados deste tipo non podemos quedar calados” xa que, explica, “os silenzos son cómplices e, manténdoos, estariamos renunciando ao noso pasado” en todo o que ten que ver coa lingua.
En opinión de Pillado, ante un “agravio” coma o documento no que a FAES tilda a normalización lingüística de “experimento” ante o que se “inmolan la educación,  los derechos individuales y el sentido común”, faise necesaria unha resposta da Xunta e do seu presidente.
Así, apunta o escritor, “o presidente da Xunta debera declarar a Aznar persoa ‘non grata’ en Galicia, pero non o vai facer, por iso –explica–, agardo que algúns concellos galegos si o fagan”.

“atentados á lingua”
Nun sentido semellante, Manuel Lourenzo criticou con dureza o informe que, dentro da serie ‘Papeles FAES’, sostén que “el gallego sobrevivió por el analfabetismo del campesinado” e acusa ao Institudo da Lingua Galega (ILG) de “inventarse” palabras.
Dende o punto de vista de Lourenzo, “diante de atentados continuos á lingua galega é preciso adoptar máis medidas das que se toman, e que cada cidadán fale e exprese a súa opinión”.
A xuízo do dramaturgo e director teatral, os ataques ao proceso de normalización lingüística posto en marcha polo Goberno galego dende os comezos do Estado das Autonomías “non obedecen senón á invasión e saqueo do noso país polos seus recursos e unha vía para isto –afirma– é borrar as súas raíces e as súas orixes”.
Segundo o autor, a actual situación de crise económica “é a ocasión máis doada para desprotexer e desmantelar o que aínda queda por arrasar do noso patrimonio inmaterial”.
No mesmo sentido, Manuel Lourenzo sostén que os galegos poden “soportar” que “nos sigan expoliando e considerando coma terra de conquista” pero “non estamos dispostos”, apunta, “a asumir a máis mínima derrota” no ámbito do uso normal e da extensión da normalización do idioma galego.  n

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
5 CONCELLOS CADA DIA ATA O 17 MAIO
ITO.CASTRO
2009-04-24 07:16:53
MIREMOS CARA OS CONCELLOS

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.