Os nomes da barbarie

Quen coñeza a traxectoria intelectual do poeta e investigador Rodríguez Fer, recoñecerá neste libro as constantes dun proxecto integral
Isaac Lourido Actualizado 23/05/2009 - 02:21 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

Ámote vermella, de Claudio Rodríguez (Xerais, 2009)Dúas foron as liñas de forza nas que Claudio Rodríguez Fer fixo descansar a triloxía que, despois de Lugo Blues (1987) e A loita continúa (2004), vén clausurar Ámote vermella (nunha coidadísima edición, por certo, ilustrada por Sara Lamas, con protagonismo absoluto da cor vermella e fóra de colección). A primeira desas liñas de forza recoñécese na reivindicación da dignidade e da xustiza para as vítimas do fascismo e do autoritarismo no século XX, representada nesta terceira entrega na memoria e no recoñecemento das mulleres represaliadas pola ditadura de Franco.

A segunda fronte de intervención dá continuidade ao emblema da traxectoria anterior do autor, pois reincide na construción dun imaxinario amoroso,  rico en imaxes audaces e alicerzado na súa ligazón coa pulsión sexual, a representación corporal, a tensión telúrica e unha ideoloxía de signo libertario. Todas estas condicións recoñécense, en maior ou menor medida, no prescrito por algunhas das poéticas surrealistas de comezos de século e reforzan, en última instancia, a necesidade de observar as producións de Rodríguez Fer, Olga Novo e Carmen Blanco como resultado dun mesmo núcleo de creación partillado, reconfortado e exhibido sen complexos.

Precisamente porque estas dúas dimensións se cruzan e contaminan mutuamente, interesa entrar a debater sobre as fórmulas e as disposicións habilitadas polo poeta para enfrentar nun libro de poemas un posicionamento político explícito, de alento comunitario e aspiracións épicas. A poética exhibida neste sentido por Rodríguez Fer concrétase, no mínimo, en tres vertentes básicas. En primeiro lugar, a importancia concedida ao feito de referir os nomes propios das persoas homenaxeadas así como os topónimos dos lugares en que se encenou a barbarie. Desta sorte de reconstrución histórica queda constancia non só nos poemas, senón tamén nas abondosas e extensas dedicatorias incluídas no libro e mesmo nos retratos de Sara Lamas que acompañan cada poema (“María Becerra Laíño, estaño solidario, / agachou na súa vivenda de Marselle / un mineiro anarquista de Lousame / e foi asasinada como a luz do carburo, / testemuña da roubacha e do volframio, / e ámote anarquista mineral en bruto”).

En segundo lugar, a adopción dun ton sentencioso e, aínda que entretecido co imaxinario que emerxe do relato histórico, acaroado á consigna política (A nai é o contrario do fascismo). E finalmente, o emprego constante de recursos de reiteración e acumulación (nos niveis fónico, morfolóxico, léxico, sintáctico), elemento este moi habitual no conxunto da obra deste autor e que nesta ocasión contribúe na creación dun “ritmo de chamada” talvez especialmente pertinente na comunicación oral (Onde a silva medraba con máis arte, / metralla. / Onde o amor era libre polas curvas, / metralla. / Onde a verba se elevaba na rasante, / metralla, metralla, metralla.).

Quen coñeza a traxectoria intelectual do poeta, profesor e investigador Rodríguez Fer, recoñecerá neste libro as constantes dun proxecto integral. Cómpre colocar a dúbida de se, a que foi unha das voces máis inquedas e menos requintadas dos anos 80 , consegue nas súas últimas entregas actualizar e revitalizar as feituras, os imaxinarios e a vocación experimental que lle concederon personalidade propia na poesía galega recente. O caso contrario, como semella testemuñar Ámote vermella, só pode confirmar a previsibilidade e a falta de dinamismo dunha proposta poética cuxo programa político e ético, en favor da xustiza histórica anti-fascista, é indiscutíbel e mantén vixencia plena.

 

Ámote vermella
Claudio Rodríguez
Ilustracións de Patricia Castelao
Xerais, 2009
168 páxinas
20 euros

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.