A arteria galega que verteu sangue

As revoltas populares que se rexistraron en todo o país en contra da autoestrada cumpren asemade 30 anos
Víctor Sariego Actualizado 02/05/2009 - 20:00 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

A autoestrada non pasará” é a arenga coa que finaliza o documental de 1977 do cineasta Llorenç Soler Autoestrada, unha navallada á nosa terra, onde se mostra “a barbarie modernizadora” que supuso o proxecto da AP-9 e na que se narra a grande oposición popular que tivo a mega infraestrutura. Estes días volve estar de actualidade, aínda que só sexa polo seu 30 aniversario. Moitos son os que deben de lembrar aquela “grande navallada á nosa terra que acentuou a desertización de Galicia do Leste e do rural” e que ensalzaba as “loitas de resistencia dun pobo”, pois o filme está a ser visto por milleiros de visitantes en internet nos últimos días.

Puido ser pola conciencia medioambiental, ecolóxica ou nacionalista que na Galicia da década dos 70 comezaba xa a repuntar, ou ben polas expropiacións indiscriminadas e sen dereito a indemnización económica que se realizaron nun primeiro momento. A cuestión é que a construción desta arteria viaria na Comunidade fixo agromar, literalmente, o sangue de máis dalgún galego e o laio de varios concellos do rural, especialmente na zona entre Pontevedra e Vigo, unha das zonas máis reivindicativas e guerreiras do país.

A mobilización popular conseguiu paralizar as obras en 1979 con todo tipo de accións, sabotaxes e pequenos atentados con artefactos caseiros que pretendían deter as obras da Autoestrada do Atlántico, que daquela se vía como “unha navallada de máis de 200 quilómetros que racha o país en dúas partes”. Foi ilustrada polo recoñecido artista vigués Francisco Mantecón –falecido recentemente no 2001 e do cal se instituíron uns premios internacionales de cartelería co seu nome–, que deseñou unha famosa ilustración no que unha navalla corta en dous a bandeira galega.

Suspensión das obras

Oito meses despois da apertura do primeiro treito, os dirixentes da desaparecida Unión de Centro Democrático (UCD) deciden suspender as obras. O ex ministro Sancho Rof chegou a dicir entón que a empresa adxudicataria “non o soportaba máis”. De feito, o traxecto A Coruña-Vigo non se puido estrear ata o ano 1992, trece anos despois da inauguración daquel primeiro tramo que unía o norte de Santiago de Compostela coa Barcala, no concello de Cambre.

Así testemuñan aquelas revoltas veciñais, aínda hoxe, multitude de residentes de distintas localidades pontevedresas. No concello de Vilaboa hai dous bos exemplos diso: San Adrián e Santa Cristina de Cobres, onde os seus veciños lembran as fortes e intensas batallas campais que protagonizaban cada vez que chegaban alí os grises, “día si e día non”. María Canosa, unha adolescente naquel entón e concelleira de asuntos sociais de Vilaboa na actualidade, conta que “había sempre alguén vixiando e, cando vía á policía, facía tocar unha campá do pobo e enseguida acudían todos a defenderse”.

O represión foi, como contan alí, moi forte, pero a resposta, maior. Polo menos durante un tempo e ata que se chegou a algún acordo que, aínda que “non foi xusto para todos” –continúa contando María–, puido reconducir a situación. Moitos comprometidos con esta e outras causas, non cobraron finalmente as compensacións económicas das expropiacións dos seus terreos pola implicación política persoal.

Na vila non estaban de acordo co trazado, que dividía en dous os terreos, nin co impacto medioambiental que supoñía, ou coa “inxustiza de non pagar a ninguén polas apropiacións de terras”. Aínda hoxe se queixan da “contaminación e do ruído”, de que moitas casas teñen a autoestrada como teito ou de que desapareceran fontes públicas e zonas verdes. A pesar do que tiveron que loitar por que se recoñecese o dereito a unha indemnización económica , “ao final pagouse moi pouco e de forma desigual. Algúns fixeron negocio”, conclúen varios dos clientes dun dos bares da parroquia, que explican que o máximo que recibiu alguén foron “unhas 60.000 pesetas”.

Pelotadas, botes de fume e ata disparos no cu

Cando se anima a falar, Juan José Magallanes, daquela un cativo de 7 ou 8 anos, lembra como non se lle pode esquecer as cargas dos grises, “as pelotadas e os botes de fume” ou o “disparo no cu” que recibiu un dos seus amigos. E xorden ademais anécdotas. Parapetado tras a baralla e remiso nun primeiro momento, fala por fin Juan Buceta, xubilado que di, lamentándose: “Quitáronme a finca”.

Aurelio Moreira, de 77 anos, curiosamente traballou na construción da autoestrada. Xa antes de ser construída, marcando predios e terreos. Logo, dezaseis meses “picando, asfaltando e demais” e, finalmente, nas oficinas que se montaron provisionalmente no local coñecido como Casa Patricia para atender as reclamacións por expropiación, e onde despois se construíu un lavadoiro, ou no almacén de material “que moitas veces quixeron sabotar”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.