A autoestrada que modernizou o país fai 30 anos

Hoxe en día, os máis novos non imaxinan unha Galicia sen a AP-9, como as futuras xeracións non poderán entender que non houbese un tren para chegar en dúas horas e media a Madrid. A construción, hai tres décadas, da infraestrutura que une o norte e o sur topou co rexeitamento veciñal, porque moitos crían que dividiría a comunidade
Eva Fuentes Actualizado 11/05/2009 - 19:11 h.
5 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

Raro é o día no que non se fala do AVE nos medios de comunicación, e son moitos os veciños que estiveron e están preocupados por saber que vai pasar coas súas leiras, polas que vai trascorrer o tren, ou que acontecerá coas conexións de proximidades que poden desaparecer. Aínda que podería parecer que todo este tipo de preocupacións e anécdotas é algo novidoso, consecuencia do tren de alta velocidade, o certo é que Galicia xa viviu unha convulsión similar hai 30 anos. Foi entón cando comezou a funcionar o primeiro treito da Autoestrada do Atlántico, unha infraestrutura que revolucionou as comunicacións en Galicia.

Mañá cúmprese a data exacta dese aniversario. O 27 de abril de 1979 inaugurábase o treito que unía o norte de Santiago coa Barcala, no concello coruñés de Cambre. "Foi un día moi importante e vivino cunha gran intensidade", lembra José Antonio Souto Paz, primeiro alcalde democrático de Compostela, quen, xusto unha semana antes, tomara posesión do cargo.

Con todo, o ex rexedor recorda como moitas protestas e polémicas envolveron os primeiros pasos da AP-9. Sobre a idea de que esta infraestrutura de norte a sur podía separar Galicia en dúas partes, Souto Paz ten claro que, "en lugar de dividir, o que fixo foi unir". Tamén rememora como os alcades dos concellos por onde pasaba a estrada, a N-550, "viñan coa demanda de que non se lles marxinara". "Na mancomunidade de municipios, era un problema que nos plantexaban. Naquel momento, pouco a pouco, comprendeuse que o importante era non deixar sen acceso as vilas", evoca o político xa retirado.

Con todo, daquela, os contrarios á nova infraestrutura trataban de convencer ao resto da cidadanía con toda clase de motivos. “Recordo argumentos tan peregrinos como dicir que cos pasos subterráneos que se fixeran para o gando as vacas se asustaban”, lembra o ex rexedor.

A pesar dese temor a que o desvío de coches pola nova vía, moito más rápida, prexudicase os negocios que enchen as marxes da N-550, hoxe en día ningúen garda ese pensamento. É máis, moitos bares e restaurantes aínda lembran como a construción da autoestrada supuxo un gran negocio para eles, xa que os numerosos obreiros que alí traballaban ían comer a estes establecementos.
É o caso do Café-Bar Os Golfiños, no concello de Ordes, situado a un par de quilómetros do casco urbán. Segundo recorda Cristina Gago, “viñan moitos traballadores a comer” e, aínda que recoñece que algo de clientela perdeu coa AP-9 –“sobre todo, de  camións nos almorzos”–, está moi contenta con esta vía de comunicación que cumpre mañá 30 anos.

“Non se podería nin cruzar”

“Se non houbese autoestrada, no se podería vivir; nin se podía cruzar”, lembra Cristina. Ao igual que ela, outros moitos veciños, tanto de Ordes como doutros concellos, recoñecen que a nova infraestrutura desconxestionou de tráfico estas vilas, que tiñan que soportar o paso de milleiros de vehículos, sobre todo, os ruidosos camións.

Outro establecemento que xa tiña abertas as súas portas hai tres décadas é o Restaurante Mirás, en Sigüeiro (Oroso). Alí tampouco lembran a apertura da AP-9 como unha desvantaxe para o seu negocio, xa que moi preto hai un polígono, así como varias empresas con grandes cadros de persoal.

O mesmo opinan no Restaurante La Ruta, na entrada de Ordes. Os seus donos, xa anciáns, aseguran que a autoestrada non afectou para nada ao seu negocio. “Tanto antes como agora, o que vai facer o traxecto de Santiago para á Coruña, por exemplo, non para Ordes, vai directo”, comentan.

No entanto, desvelan outro aspecto que si consideran nefasto para o seu establecemento: a promoción do Xacobeo. Segundo comentan os donos de La Ruta,antes da chegada da democracia, o descoñecemento de cal era o trazado do Camiño facía que a maioría dos peregrinos se dirixisen a Santiago seguindo o percorrido da estrada. Pero, cando se comezou a promocionar o Ano Santo e se impulsou a verdadeira ruta, os camiñantes deixaron de pasar polo establecemento. “Moitos paraban aquí a beber algo ou a comer un bocadillo, ou a durmir, que tamén temos habitacións", lembran con nostalxia os donos do bar, que aogra apenas reciben peregrinos.

No caso da confitería Nogallás de Ordes –famosa polos seus queiques– si lembran que a apertura da AP-9 “afectou algo”, aínda que “logo a xente volveu vir igual”. O mesmo din nunha xamonería situada a poucos metros, onde tamén se mostran contentos pola apertura da autoestrada hai xa 30 anos, posto que supuxo unha gran desconxestión de tráfico no casco urbano. Ademais, como “aquí diante non se pode aparcar”, os seus clientes adoitan ser veciños e non viaxeiros de paso. Ademais, estes ordenses tamén se amosan satisfeitos porque esta vía de comunicación ten acceso dende a súa vila.

Así, comparten a idea do ex alcalde Souto Paz, quen define esta infraestrutura como "unha fonte de dinamismo económico e  social para Galicia fundametal". O mesmo opina o rexedor actual, Xosé Sánchez Bugallo, que a ve como unha obra "decisiva para a comunidade autónoma, xa que "articulou un eixo do norte ao sur".

Con todo, recoñece que hai “algunhas cousas que se perden, pero son moitas máis as oportunidades que se ofrecen". Mentres, o seu antecesor no cargo recoñece que aínda queda un asunto pendente: a comunicación co interior de Galicia. Souto Paz lembra que el mesmo propuxo conexións coa AP-9 cando era deputado. “Lembro que naquel momento era ministro (Josep) Borrell e acabou recoñecendo que era unha solución que quería levar a cabo; cesou como ministro e non se soubo nunca nada máis”, conclúe o ex rexedor.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
O trapicheo
abelleiro
2009-04-27 23:28:06
Estes que nos gobernan en Galicia agora foron os mesmos que lle regalaron a autopista a Sacyr despois de caducala concesión e a facer caixa.Que os galegos sigan a pagar que pra eso nos votan! E Sacyr vendeullela a City Gruop gañando un unha morea de millois de euros e que os galegos sigan pagando.
2
a navallada
PiPóo
2009-04-27 15:38:11
unha navallada de 10 eur vigo corunha e mais outra (NAVALLADA)de 10 eur de coruña a vigo
3
Como en Alemania vamos
jrr
2009-04-27 11:32:05
Tiven a sorte de estar aló fai unhas semanas cun coche alugado. Non paguei un peso de autopista, e todas en bo estado. Está moi ben ter comunicacións, pero non se pode roubar desta forma á xente.
4
DOCUMENTO AUTOPISTA
Carlos Carballás
2009-04-26 23:44:53
A Coordinadora Nacional de Afectados pola Autopista do Atlántico que quedou constituida onte en Santiago, decidíu solicitr de S.M. a inmediata paralización ds obras da autopista e a anulaciópn ds proxectos namentras o pobo galego non decida o sistema de transporte áis axeitado ás súas necesidades reais. 27 de xuño de 1.977 S.M. El Rey D. Juan Carlos I . Palacio de la Zarzuela. (A.VV. de: Culleredo, Barallobre, Tui, Portas, Calo, Valiñas, Lavadores, Cabral, Brives, Pravío, Cecebre, Padrón, Oroso, Salcedo, Vilaboa -Pntevedra-.) César Portela Salvador Tarragó, Andrés Salgueiro...C. Permuy, A. Permuy, Xaquín Marín, Camilo Nogueira, Facal...e tantos outros que convertiron un proxecto perverso nun proxecto "decente", unhas indemnizacións oprobiosas nunhas cantidades "dignas". Costou moito pero pagou a pena.
5
Supresión das peaxes e nacionalización XA
Toñín
2009-04-26 23:13:09
É unha vergoña auténtica que 30 anos despois, co último treito de Ferrol finalizado hai poucos, a única vía que nos permite cruzar o eixo atlántico de punta a punta nun tempo razoábel sexa de pago, o que demostra que para ir a Madrid, gratis, para a comunicación interna, a rañar o peto, galegos. De traca, así queren dinamizar? Máis ben é dinamitar. A ver que profesional que teña que estar a diario na estrada vai pola N-550 da Coruña a Vigo.Os de Audasa son un fato de xa se sabe que, que para mais INRI teñen un servizo de mantemento pésimo, o que quedou demostrado na última crise luminaria. Nin planos de descontos para utilizadores habituais nin nada, un roubo!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.