O Sigre denuncia a Sogama, que responderá con outra demanda

O sistema estatal leva a sociedade pública e a Danigal ante a xustiza pola xestión dos restos de medicamentos en Cerceda e agarda que os tribunais “establezan responsabilidades” polo tratamento duns fármacos ciscados nun vertedoiro en lugar de ser inicinerados.
Miguel Pardo Actualizado 29/04/2009 - 22:29 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 6 voto/s

O Sigre cumpriu a súa ameaza. O Sistema Integrado de Gestión y Recogida de Envases presentou a pasada semana unha demanda contra Danigal e Sogama co obxectivo de que os tribunais "sexan os encargados de esclarecer os feitos e establecer as responsabilidades que correspondan" pola xestión dos residuos de medicamentos en Cerceda.

Máis de 10.000 toneladas de lixo farmacéutico foron ciscadas durante seis anos e medio no vertedoiro de Sogama en lugar de ser incineradas, tal e como establecía o acordo entre o Sigre e Danigal.

A sociedade pública, que lembra que non ten ningunha relación contractual co Sigre, aclara que cumpriu o acordo asinado en 2002 con Danigal e que establecía que a súa misión era "xestionar" os residuos farmacéuticos que chegaban das farmacias de toda España a Cerceda, pero nunca incineralos, xa que as súas instalacións "non estaban tecnicamente preparadas". De feito, a nave de recepción necesaria estará rematada o vindeiro mes de maio.

Ademais, varios certificados aos que tivo acceso este diario demostran que Sogama lle comunicou a Danigal a "xestión" ou "eliminación" dos restos de medicamentos, pero non unha valorización enerxética que nunca se realizou.
Así, mentres Sigre asegura que "esixirá" a Sogama e Danigal "a reparación dos danos causados á imaxe e prestixio" do seu sistema, tal e como aclara nun comunicado, a sociedade pública advirte de que tamén demandará o Sigre no momento en que se confirme que foi denunciada.

"Defenderémonos pola mesma vía que eles no momento que nos confirmen a denuncia, porque nós enterámonos pola prensa", aseguran desde Sogama, que insiste en que cumpriu co acordado "co contrato na man". "Nós non temos relación ningunha co Sigre", remarca.

Así, mentres Sogama almacenaba os restos de medicamentos no seu vertedoiro, Danigal informaba ao Sigre dunha incineración e valorización enerxética que nunca se produciu, incluso modificando informes. O sistema estatal pedirá agora á compañía que xestiona a planta de Cerceda "unha indemnización polos prexuízos producidos durante o tempo no que os servizos contratados non foran prestados conforme ao contrato".

O Sigre pretende, a través desta denuncia ante os tribunais, "realizar as accións necesarias para restablecer a confianza da sociedade no sistema", un sistema que "conta co apoio de todos os axentes do sector farmacéutico e a supervisión das autoridades ambientais", pero que non funcionou durante preto de sete anos e que puido causar graves problemas medioambientais na zona de Cerceda.

Malia todo, o Sigre aclara que Danigal, que prefire manter silencio, continuará almacenando na súa planta de Cerceda os medicamentos chegados das farmacias "ata que se teña garantía de que son destinados á valorización enerxética"

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.