A Igrexa tilda as festas do Xacobeo de “invento moderno da sociedade civil”

O Arcebispado de Santiago aseguran que a eles só lles “interesa a catedral” e non todo “ese festival arredor”, e tamén se amosan preocupados porque as obras de restauración da Capela Maior e o Pórtico da Gloria non estean listas no 2010
Eva Fuentes/Santiago Actualizado 30/04/2009 - 00:44 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

O Arcebispado de Santiago definiu onte os festexos e espectáculos do Ano Santo como "o festival do Xacobeo", do que desvincula á Igrexa, por ser unha "invención moderna da sociedade civil".
Así o manifestou onte o ecónomo diocesano, Dictino Maceira, durante a presentación dos presupostos da entidade para 2009. O relixioso asegurou que en 2010 será cando centren os orzamentos no Ano Xubilar, xa que por agora fan unha "planificación previa". "Todo ese festival arredor, non é da Igrexa", remarcou.
Con todo, o secretario da Comisión de Asuntos Económicos, Manuel Silva, apuntou que o que lles preocupa é "a catedral", aínda que "a xente ten a idea da proxección que fai a Xunta" e reprochou ao Goberno autonómico que "ata agora non se ocupou moito" da preparación do vindeiro Ano Santo.
Porén, dende o Arcebispado confían en que o novo Executivo do PP "incremente a proxección" do Ano Santo. Segundo Silva este comportamento do anterior Executivo autonómico débese á celebración das eleccións, o pasado 1 de marzo, e a posibilidade de "un cambio de goberno", aínda que precisou que por parte do Arcebispado fai dous anos que se están preparando de cara a este acontecemento.
Así mesmo, Silva sinalou que lle "preocupa moito" que as obras de restauración da Capela Maior e o Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela non estean rematadas para o vindeiro Ano Santo."O ideal sería que estivese todo limpo e acolledor, pero as cousas son así", apuntou o relixioso en relación á longa duración das tarefas de restauración do patrimonio.
Ante a chegada do Xacobeo, o arcebispo Julián Barrio xa constituiu o 21 de novembro de 2008 a Comisión Diocesana que se encargará dos preparativos. Dende aquela data están traballando no tema e estiman facer unha presentación pública deste tema en "dúas ou tres semanas". Antes dese acto, Barrio espera ser recibido polo novo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para tratar este e outros temas.
O líder do Executivo, despois de que o PPdeG gañara as eleccións pediu ao Consello da Cultura Galega que elaborara un informe para a organización das actividades do Xacobeo 2010 e destacou que se traballara na defensa das señas de identidade de Galicia.

 

Orzamentos de crise

O Arcebispado de Santiago presentou onte os seus presupostos para o 2009, unhas contas nas que “a prioridade”  serán os “fins sociais”, dada a situación económica. Así, os orzamentos para actividades benéficas aumenta un 5, 31%, que supón que se invistan nese sector o 26,5% dos gastos ordinarios. Con todo, o montante total de fondos descende ata os 28,3 millóns, un 8,88% menos que en 2008. O econónomo diocesano, Dictino Maceira, atribuiu esta baixada a que reciben menos doacións por parte dos fieis, tamén por culpa da crise. Por outra banda, explicou que en maio e xuño repetirán a campaña do ano pasado para pedir á cidadanía que marque o cadro da Igrexa na declaración da renda.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.