O filme ‘Un bo home’ estréase con cinco copias dobradas ao galego

Juan Martínez, director da película, explicou que trata unha historia sobre a dobre moral que agocha a amizade, con trazos propios da novela negra
Xornal de Galicia Actualizado 11/05/2009 - 22:28 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

O director Juan Martínez estreou este mércores hoxe en primicia na Coruña o seu último filme, titulado Un bo home, que narra a loita interna dun personaxe que dubida entre serlle fiel a un amigo ou delatalo polo asasinato da súa muller. O filme foi rodado parcialmente en Galicia e cinco das 90 copias que se distribuirán estarán dobradas á lingua do país.

A historia, que ten trazos de novela negra, presenta a relación entre Vicente (Tristán Ulloa) e Fernando (Emilio Gutiérrez Caba), ambos os dous profesores da Facultade de Dereito. Porén, un día e por casualidade Vicente é testemuña de como Fernando mata a súa muller, e a partir de entón, incapaz de acudir á policía e de perdoar ao seu amigo, desataranse unha serie de acontecementos que amosarán "a dobre moral dos personaxes", segundo Juan Martínez. "Encántame acudir ás páxinas de sucesos para buscar historias que levar á gran pantalla", apuntou o director, quen subliñou que a idea da película chegoulle hai vinte anos, cando caeu nas súas mans un libro de crimes que aconteceran en Galicia durante o século XX.

O actor galego Miguel de Lira cualificou a película de "potente, bonita e elegante". A longametraxe conta cun plantel na que, ademais dos actores principais, destaca a presenza de Nathalie Poza (Paula), Alberto Jiménez (Daniel), Miguel de Lira (Tenente), Jorge Ricoy (Decano) e Noelia Noto (Marisa).

Producida por Milú Films, Castrafiore Films e Tornasol Films, conta tamén coa participación da TVE, a TVG, os estudios alicantinos La Ciudad de la Luz e a Generalitat Valenciana, "apoios imprescindibles para sacala adiante", indicou o director. Para a estrea para todo o público, que terá lugar hoxe, distribuiranse 90 copias do filme polas grandes salas de cinema, cinco das cales estarán dobradas ao galego, segundo adiantou Martínez.

Neste sentido, Miguel de Lira subliñou que este feito non impide que se manteña "a calidade dos diálogos e da trama", xa que, segundo o actor, a boa estrutura do guión e un coidado e supervisado proceso de tradución fai que a película "tamén funcione en galego" sen resentirse polo cambio de lingua.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.