As rúas do campus sur da USC serán peonís e terán carril-bici

A universidade e o concello contan con empezar a primeira fase de remodelación “á volta do verán”
Eva Fuentes/Santiago 29/04/2009 - 20:42 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

O Campus sur de Santiago de Compostela vivirá nos vindeiros anos un cambio de imaxe radical, grazas a unha "remodelación integral" que comezará a finais do verán. A área universitaria pasará de ter un aspecto "degradado", tal e como recoñecía onte o edil de Obras, Bernardino Rama, a ser un "espazo de disfrute" para estudantes e cidadán. Os traballos consisten principalmente en retirar os coches desta área para peonalizar as rúas e crear en todas elas un carril-bici.
Así, o acceso a esta parte da cidade estará restrinxido e só poderán pasar vehículos para o fornecemento dos edificios da USC e os dos conductores que queiran estacionar o vehículo no aparcadoiro subterráneo que se vai construir.
Ese garaxe será mixto, de uso para a comunidade universitaria e para o resto de cidadáns. Aínda que ese estacionamento permitirá ubicar moitos dos coches que adoitan aparcar na zona -que conta con 1.000 prazas entre a ORA e as gratuitas- é probable que moitos veciños e traballadores teñan que deixar os vehículos noutro lado da cidade.
O concello e a Universidade acordaron facer por fases a remodelación -da que xa está case rematado o anteproxecto-, para non ter todo o campus en reformas á vez e para non facer o desembolso económico xunto. Así, os primeiros traballos serán na zona central, onde se sitúas os colexios maiores, na praza de Rodríguez Cadarso e tamén na rúa ao lado da facultade de Química. Segundo o vicerreitor de Infraestruturas da USC, Miguel Vázquez Taín, a remodelación comezará "á volta do verán" e será o concello quen a financie con 600.000 euros.
O edil de Obras tamén explicou que o novo campus será construído con "material urbano novidoso", que permitirá, entre outras cousas, aproveitar a auga da chuvia para regar os xardíns.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.