O Instututo Cervantes de Lisboa lembra a Ramiro Fonte

Un dos escritores máis prolíficos da literatura galega recibirá unha homenaxe da institución que dirixiu ata a súa morte en 2008
EFE Actualizado 17/05/2009 - 00:12 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

Ramiro Fonte, un dos escritores máis prolíficos da literatura galega, será homenaxeado este martes no Instituto Cervantes de Lisboa, a institución que presidiu desde 2005 até o seu falecemento o pasado ano.

Ramiro Fonte (A Coruña, 1957-Barcelona, 2008) foi membro correspondente da Real Academia Galega (RAG) e cultivou a narración, o ensaio, a poesía e a crítica.

A homenaxe ao poeta, que se celebra con motivo da Semana das Letras Galegas, comezará cunha lectura dos seus poemas a cargo do autor teatral Evaristo Calvo e cunha intervención titulada Ramiro, desde Bonaval do director de cine Raúl Veiga.

O acto continuará con diversas intervencións sobre a figura de Ramiro Fonte, como as do narrador portugués José Manuel Mendes e o poeta español Carlos Marzal, premio Nacional de Poesía en 2002.

A directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel, será a encargada de clausurar o acto.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.