A RAG plántalle cara ás medidas de Feijóo para “desprotexer” o galego

Xosé Ramón Barreiro leu un comunicado no que pediu que a cuestión lingüística quede fora da “controversia partidaria” e que recla ma unha "cooficialidade simétrica" na que os cidadáns teñan a obriga de coñecer as dúas linguas do país
A. Losada Actualizado 15/07/2009 - 01:43 h.
13 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 10 voto/s

A Real Academia Galega (RAG) no seu conxunto emitiu onte un comunicado no que critica as primeiras decisións do Executivo de Alberto Núñez Feijóo en política lingüística "sexan todas desprotectoras do galego". Xosé Ramón Barreiro, presidente desta entidade, leu onte un comunicado no que reclamou, entre outras cousas, que a lingua quede fóra da "controversia partidaria" e que se impulse unha "cooficialidade simétrica", na que os cidadáns teñan os mesmos dereitos e, sobre todo, as mesmas obrigas ante o galego que ante o castelán.

Nunha postura inédita, o plenario da RAG decidiu tomar partido ante "os pronunciamentos que dun tempo a esta parte se están a producir arredor da lingua galega, moi especialmente sobre a súa presenza nas aulas", en referencia a intención da Xunta de reformar o decreto do ensino para que non sexa obrigatorio que un 50% das materias se impartan en galego.
A entidade fundada por Manuel Murguía en 1906 expresou a súa "preocupación" ante as polémicas sobre o idioma "partidarias a maioría das veces, e nacidas ben do exceso de celo, ben do prexuízo lingüístico e que deben ser superadas pola acción dun goberno que aspire a ser de todos os cidadáns", remarcou.

RESPECTO E HARMONÍA
"A convivencia, o respecto e a harmonía deben presidir en todo momento as actuacións que se desenvolvan en torno á lingua", insistiu a RAG, que pediu tamén "unha política estratéxica e decidida" por parte da Administración para promover accións que o "igualen" con outros idiomas que non se viron "oprimidos na súa historia". Dende a súa sede na Coruña a Academia reclamou non só que se manteña a política de normalización do goberno bipartito, senón que vaia máis alá. Barreiro convidou "aos responsables do novo goberno a que escoiten as institucións que veñen traballando de vello polo idioma" e propuxo un acordo "a prol da uso, a dignidade, a integridade e a continuidade do idioma" que debe sustentarse en catro principios básicos.

O primeiro é "arredar a lingua galega da controversia partidaria", para que os debates electoralistas non estraguen o feito de que "a lingua é de todos e todos teñen cabida para acadar o seu uso normal". En segundo lugar, propuxo un "impulso do multilingüísmo", mantendo a aposta da anterior administración por incluír o inglés no ensino "que agora podería ampliarse a unha cuarta lingua" que quedou sen especificar no comunicado. O terceiro alicerce sería a "reafirmación e ao desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega que, segundo lembrou a RAG, "no seu día, por unanimidade, apoiou o Parlamento". E o cuarto punto sería "impulsar unha cooficialidade simétrica na que todos os cidadáns teñan dereitos e deberes co castelán e o galego, única forma de acadar a igualdade". Coa lexislación actual, existe o dereito a usar o galego, pero non a obriga de coñecelo, un matiz reservado só para o castelán.

No comunicado da RAG argumentase tamén que un "idioma castigado durante séculos, asoballado na súa historia, abaixado na conciencia dos seus falantes, esixe un tratamento activo" para non perder terreo ante outras falas que non teñen estes problemas. A Academia recoñece que a situación lingüística na Galicia de hoxe "xa non é de diglosia típica", pois o galego converteuse nunha lingua "de uso natural e normal", pero iso "levou aos contrarios a este proceso a manchar a palabra normalización, como se significase unha agresión aos que non teñen o galego como lingua habitual, e a erguer o falso concepto de liberdade, entendida como dereito a non falar nunca o galego". Por iso, os académicos reclamaron "reforzar" a presenza do galego no ámbito escolar, con especial atención nas idades máis temperás, así como noutros ámbitos da vida como a empresa, a universidade, o tempo de lecer ou as novas tecnoloxías.

Nun acto ao que asistiron Xosé Luis Méndez Ferrín, Ramón Villares ou Víctor Freixanes, entre outros moitos membros da RAG, Barreiro lembrou que "ninguén é propietario da lingua" e pediu que non se creen guetos, porque produciríase "unha freita social que endexamais existiu".

FEIJÓO PIDE TREGUA

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, respondeulle onte á Real Academia Galega (RAG), que aínda non adoptou "ningunha medida" que xustifique as críticas deste á súa política lingüística, pero reafirmou a súa intención de derogar o decreto do ensino. Feijóo realizou estas declaracións, recollidas pola axencia Europa Press, despois de reunirse co delegado do Goberno en Galicia, o socialista Antón Louro.
O presidente da Xunta asegurou que a RAG ten "todo o seu respecto e que non lle notificou formalmente "ningunha queixa".

Indicou que a política en materia lingüística constitúe un dos "grandes temas do país" que require un "consenso" dos partidos políticos, polo que convidou a PSOE e BNG a "que se unan a ese consenso lamentablemente roto unilateralmente cando se aprobou un decreto rompendo os consensos logrados desde o 1983".

Feijóo dixo que houbo "problemas coa norma" vixente, que o PP aprobou nun principio no Parlamento, para retractarse despois. Xa que logo, cre que "o mellor é cambiala" canto antes, aínda que considerou que se podería atrasar a reforma por motivos técnicos. "Gustaríanos se é posible para o curso que vén", que o novo decreto estivese vixente, comentou Feijóo, aínda que insinuou que podería haber dificultades debido ao "calendario escolar e aos libros de texto, que non poden esperar".

Feijóo, líder do PPdeG, sinalou que a súa intención é "traballar para cumprir os compromisos electorais que foron subscritos nas urnas" nos comicios autonómicos, nos que a súa formación logrou a maioría absoluta.

A MESA, COA RAG
A Mesa pola Normalización Lingüística dixo onte asumir como propios os principios expresados pola Real Academia Galega (RAG), sobre o uso do galego, e agarda que a Xunta escoite as súas reivindicacións. A Mesa explicou, nun comunicado, que adoptará estes fundamentos na manifestación que se celebrará en Santiago de Compostela o próximo 17 de maio, para defender o uso do galego. Esta convocatoria agarda reunir a milleiros de persoas no Día das Letras Galegas adicado a Ramón Piñeiro para reclamar a continuidade das políticas de protección qeu garanten a conservación do galego, contrariamente ao que defende o colectivo Galicia Bilingüe.

Así mesmo, a Mesa sumouse ao compromiso da RAG de impulsar o multilingüísmo e a cooficialidad simétrica, desenvolver a Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e evitar a controversia partidaria do idioma, os catro principios básicos enunciados pola Academia como básicos para o fortalecemento do idioma do país.

PETICIÓNS DOS EDITORES
Nesta semana das Letras Galegas, tamén o presidente da Asociación Galega de Editores (AGE), Alfonso García Sanmartín confiou en que "vai imperar o sentido común" e a "razón" na política lingüística do novo goberno xa que, na súa opinión, a controversia actual é "unha involución". En declaracións a Europa Press, recoñeceu que os representantes das editoriais galegas están "moi preocupados, como calquera cidadán reflexivo de Galicia"
Así mesmo, o director da editorial Galaxia e membro da RAG, Víctor Freixanes, achacou a derrogación do decreto do galego a "hipocrisía de campaña política" e que representa en realidade un asunto "anecdótico" e "secundario".

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
faltan enquisas
Belen
2009-06-09 16:31:58
faltaría unhas enquisas previas ¿qué pais poden opinar? 1. os que son pais agora 2. os que foron pais 3.os que van ser pais nesta lexislatura ¿qué nivel cultural van ter o pais que decidan a educación do meu fillo? 1. saber ler e/ou escribir 2. bacharelato 3.estudios medios 4. estudios superiores, doutorado, coñecemento de dous ou tres idiomas. e dentro duns anos... ¿quere que o seu fillo estudie matemáticas? ¿e filosofía? ¿xulga importante a asignatura de lingua española?... En fin, grave precedente, totalmente improcente. Se eu estiver a traballar na Consellería de Educación, sen dúbida estaría agora de baixa...probablemente por depresión. Todo o meu apoio a eses pobres funcionarios.
2
Agora temos que estar todos xuntos señores.
Xurxo
2009-05-14 01:18:45
Son tempos difíciles para o noso idioma e máis que nunca nos temos que unir.
3
A boa hora, pero ainda menos mal!
INACIO
2009-05-13 19:42:09
Menos mal! Estes non creo eu que sexan uns túzaros, intolerantes como nos chaman os bi?lingües aos galegofalantes (qué triste ter que nos cahamar así en Galiza!, é coma se en Valladolid os falantes tiñan que se definir caselán falantes).
4
Feijoo galegofobo
Ana
2009-05-13 18:55:33
Cando ata a RAG (que estivo calada durante os gobernos de Fraga) se escandaliza coa politica galegofoba de Feijoo sera por algo. Pq temos o goberno mais galegofobo e de extrema dereita dende que existe a autonomia.
5
Feijóo a velas vir, agardando o que pase o 17
Leiro
2009-05-13 18:17:37
Que triste. Con comentarios coma ese de "aunicalinguapropia..." así nos vai aos galegos. Lea a declaración da RAG, que chega a destempo, pero chega, e vexa o que pon, o galego é patrimonio dos galegos, non de ningún partido. Porén, politizar a lingua si que vos é propio a algúns, como a GB e a outros segundo lles vaia as eleccións niso, coma o PP, que resulta abertamente incoherente co que fai noutras CC.AA., non é? Espertou a RAG, aínda que tarde, reunámonos o 17 en Santiago, o que está a agardar Habichuelo é polo número de asistentes para tomar decisións. Non é momento de pedir demisións na RAG tras esta rectificación da súa actitude. Aínda ben, agradecería que animase aos galegos a faceren súa lingua, de todos, asistindo a Santiago, para despexar esas dúbidas que teñen algúns que falar galego é sinónimo de nacionalismo, precisamente os que queren aniquilalo. Aínda non ouvín a ninguén do BNG dicir que é nacionalista porque fala galego, por algo será, así que deixen de manipular, galegófobos.
6
A BOAS HORAS
ANTON
2009-05-13 18:04:49
Estes da accademialevan facendo de XUDAS dende sempre .No estatuto da academia o artigo 1 di. que como obxetivo fundamental a defensa e promocion do idioma galego ¿Fixerono?NON ,polo tanto dimision.Levan moitos anos traizoando a galicia e o GALEGO
7
a RAG Insta a incumplila lei
aúnicalinguapropiaaqueteñodentrodaboca
2009-05-13 17:48:28
...este é o verdadeiro tituar.Ademáis cómo se pode dicir que hai que depolitizar a cuestión da lingua para inmediatamente despois facer semellante declaración absolutamente política,pero politicamente nacionalista,o sr. Barreiro xa pode ir presentando a sua demisión.
8
É tempo de unión, acabou o de apandar.
Eumés
2009-05-13 15:49:53
"xa que a situación de esmorecemento que vive a lingua é consecuencia das normas da concordia que aceptou en contra do sentir da sociedade" = radicalmente falso. O sentir da sociedade dígoche eu cal é: indolencia. Por outro lado, congratulémonos que a RAG por fin diga o que debe e a quen debe, agardemos que estean con todos os galegos que iremos a Santiago defender a lingua. Parabéns tamén á Mesa por facer unión coa declaración da RAG, non é máis que o obvio. Temos unha cita importante o 17! O galego é dos galegos, non deixemos que ninguén llelo atribúa en exclusiva a determinadas organizacións ou partidos, e iso faise falando, escribindo e reclamando o mesmo estatus para o galego que o que ten a outra lingua oficial de Galiza, o que non é máis que sentido común.
9
a rag
rancaño
2009-05-13 12:39:50
Non-a felicito, xa que a situación de esmorecemento que vive a lingua é consecuencia das normas da concordia que aceptou en contra do sentir da sociedade. Que non exerzan como comisarios políticos xa que non-o fixeron como salvadores.

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.