Barreiro: "Piñeiro fixo posible que o galeguismo non morrese"

O presidente da Real Academia Galega sinala ao homenaxeado no Día das Letras como un dos grandes defensores da idea de país e da súa lingua
Pablo Barro Rey / EFE Actualizado 18/05/2009 - 10:21 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 7 voto/s

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro, salientou o labor do escritor Ramón Piñeiro (1915-1990) como "un dos homes que fixo posíbel que o galeguismo, a lingua e a idea de Galicia non morrese".

Nunha entrevista con motivo da próxima festividade do Día das Letras Galegas, adicado este ano á figura do pensador, o presidente da RAG analizou o estado da creación literaria en Galicia, do idioma e da propia institución.

Como valora a situación actual da creación literaria en Galicia?
A da creación literaria é unha situación moi boa. Parece ser que as editoriais acaban de recoñecer que fixeron un número de publicacións moi elevado. Penso que o número e a calidade van emparellados. Temos grandes escritores, grandes poetas e dramaturgos. Está nun moi bo momento.

Podemos dicir o mesmo do uso do idioma?
No tema do idioma estamos vendo que a mocidade se retrae do uso do galego. Iso lévanos a moi distintas formulacións. Unha cousa é a explicación e outra a corrección desta situación. No que atinxe á corrección, o que hai que facer é levar a cabo un proceso de concienciación da sociedade. Todos estamos implicados.

Cal é a transcendencia do Día das Letras Galegas?
Trátase dun acto simbólico que se vén desenvolvendo afortunadamente desde o franquismo. Non é outra cousa que un acto académico. Á parte, pode haber unha participación de tipo festivo, literario e popular que se fará este ano en Láncara (Lugo) -lugar de nacemento de Ramón Piñeiro- e onde vai participar tamén o público.

A que se debe a elección de Ramón Piñeiro para conmemorar esta festividade?
A figura de Piñeiro é unha figura que xa estaba recoñecida. É un dos homes que fixo posíbel que o galeguismo, a lingua e a idea de Galicia non morrese durante a travesía. Hai que distinguir varios Piñeiros. Hai un Piñeiro defensor do idioma; un Piñeiro de certa maneira educador daqueles que continuarán coa lapa que el mantivo acendida, e un Piñeiro prospectivo político indiscutíbel...

Dentro de cinco meses abandona a presidencia da Real Academia Galega. En que situación a deixa?
Dentro de cinco meses déixoa moito mellor do que estaba cando cheguei aquí á presidencia. Goza de boa saúde, está atenta á realidade e ten prestixio nas institucións. Agora está traballando en varias comisións, facendo dicionarios e realizando estudos de sociolingüística. Eu penso que está no seu lugar.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.