Miguel Barros: “Ramón Piñeiro foi un arquetipo de político nato”

O autor da primeira tese publicada sobre o galeguista de Láncara defende a necesidade de incorporar as súas ideas á sociedade e á política activa
A.L. Actualizado 18/05/2009 - 10:21 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

Miguel Barros, autor da primeira tese doutoral sobre Ramón Piñeiro e presidente do Consello de Administración de A Nosa Terra e conselleiro de Xornal de Galicia, describiu onte ao autor homenaxeado no vindeiro Día das Letras como "un político nato" e afirmou que é tempo de repensar a súa aportación, para incorporala á sociedade actual.

Que nos queda hoxe do traballo de Ramón Piñeiro?
Menos do que debería. Hai que volver considerar o seu pensamento. Hoxe temos unha percepción moi simplificada, con só tres partidos no Parlamento, e non faría mal repensar as bases ideolóxicas do espectro político, para incorporar algunhas das ideas de Piñeiro.

Que destacaría do seu "revisionismo nacionalista", tal e como o describe vostede?
Acentuou a mitose do galeguismo posterior á Guerra Civil. A partir de 1946, Piñeiro substitúe os conceptos de nación e soberanía polos de pobo e federalismo, sen esquecer a cultura e o idioma. Foi todo un garante da pervivendia do pensamento galeguista, e foi ante todo un arquetipo político puro. O resto son adobíos da súa personalidade.

Formou a unha xeración que logo renegou da súa figura...
Pero tiña que ser así. Os membros do grupo Brais Pinto e outros persoeiros chegaron ao galeguismo da man de Piñeiro, pero atopáronse cunha realidade distinta á que el lles describira e sentíronse incómodos cos límites que el lles prescribira. Rebasáronno pola dereita, cara a democracia cristiá, ou pola esquerda, cara o marxismo.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.