Morre Antonio Vega, o ‘mozo triste e solitario’ do mítico Nacha Pop

Adeus ao grande da música española que compuxo o mítico tema dos 80 ‘la chica de ayer’. Levouno unha neumonía cando contaba só con 51 anos. Durante dúas décadas, compuxo letras poéticas en grupo e en solitario.
Carmen Sigüenza Actualizado 13/05/2009 - 22:47 h.
4 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 18 voto/s

A melancólica voz de Antonio Vega apagouse onte, poñendo punto final a esa biografía chea de experiencia e de memoria en cor e en branco e negro que nutriu todos os temas das súas cancións, dos seus poemas, porque el non facía cancións: el adaptaba a música aos seus poemas, ás súas letras.
Poemas e letras que Antonio Vega construía co material da súa vida, da súa propia biografía, chea de amor, intensidade e sufrimento. Con visitas ao inferno, de ver como se ían os seus amigos e seres máis amados, como a súa última compañeira, Marga de Río, falecida en 2004 e a quen coñeceu cando gravaba Anatomía de una onda en 1998.
Cando Marga morreu, dedicoulle o seu álbum 3.000 noches con Marga, editado en 2005. E esa dor traduciuse, por exemplo, en Te espero: “Te espero porque volverás, tal vez me dé la vuelta un día y estés tu detrás. Te espero porque se quedó en el tintero la promesa de un mundo mejor. Y yo... te espero”.

Os inicios en Nacha Pop
Antonio Vega, que comezou en 1978 con Nacha Pop, xunto ao seu primo Nacho García Vega, Carlos Brooking e o batería Ñete, e que logo comezaría a súa andaina en solitario, ata que se volveron a reencontrar en 2007, foi unha icona da modernidade nos anos da movida, pero en realidade el estaba fóra de modas.
“As miñas cancións nacen da miña biografía persoal”, recalcaba. “Non sigo o panorama da música actual, nin estou ao corrente de novos grupos ou tendencias”, dixo en 2002, e a todo iso hai que engadir a súa especial mirada para ver o mundo.
Así, “ese mozo tan triste e solitario” deixa temas tan emblemáticos como La chica de ayer, que soaba de madrugada nos 80 en todos os locais de moda. Unha letra que lle inspirou o Mediterráneo, outra das paixóns do cantautor.
E é que Antonio Vega necesitaba luz e calor para os seus claroscuros, e de aí Anatomía de una onda, que escribiu en 1998 e que reflectía un momento optimista do autor: “Hoy he de navegar y descubrir/ el sabor a sal del mar, en la cresta de qué ola/ dejé mi silla de montar”.
Pero unhas das súas letras máis simbólicas e máis visitadas na Internet, e que xa quedará como canción de culto, é Se dejaba llevar por ti. El sitio de mi recreo é outra das máis belas. Un poema que comeza dicindo: “Donde nos llevó la imaginación, donde con los ojos cerrados, se divisan infinitos campos. Donde se creó la primera luz, junto a la semilla de cielo azul, volveré a ese lugar donde nací”, y concluye: “Hay fuego, hay deseo. Ahí donde me recreo”.
Unha letra final que é toda unha declaración de intencións para alguén que, aínda que de aspecto fráxil e taciturno, queimouse por vivir e desexar. Para o seu primo Nacho, a letra que lle quedará gravada para sempre no corazón é Lo que tú y yo sabemos. Unha letra optimista que reflicte a vitalidade do autor.
“Salir, tocar para verte sonreír, coger al vuelo el sentido de vivir. Y después, a la hora de volver, conservar el secreto de mi poder. Un viaje más, olvidar la luz de un bar, durmiendo mal y soñando con cantar...”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
la banda sonora de los 80 en Santiago
carlota fidalgo
2009-05-13 15:08:11
Antonio ha formado parte de todos los que tuvimos el privilegio de vivir en la ciudad burbuja maravillosa e irrepetible que fue Santiago en los 80.Su música reinaba en ese espacio único que fue Clangor. Gracias Antonio por habernos hecho tan felices
2
Séxalle a terra leve
Xurxo
2009-05-13 01:02:00
No se os haga tan amarga/ la batalla temerosa/ que esperais,/ pues otra vida más larga,/ de fama gloriosa,/ acá dejais. Jorge Manrique
3
Es dos que non poden morrer
Ricardo
2009-05-12 15:59:50
Había tempo que este mundo era demasiado pouco para ti. Agora xa estás con quen sempre quixeches estar. Adeus, amigo.
4
Mezcla de sol y temporal
Moncho Paz
2009-05-12 15:42:34
Hasta siempre, Antonio.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.