Feijóo ningunea a Educación e resérvase o control sobre Política Lingüística

O presidente obvia ao conselleiro e insta a Lorenzo a, como independente, propor o seu propio Decreto
David Reinero / Santiago Actualizado 17/05/2009 - 23:09 h.
19 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 22 voto/s

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou onte o nomeamento do filólogo e sociolingüísta vigués Anxo Lorenzo como secretario xeral de Política Lingüística. Nunha intervención tras o Consello da Xunta marcada fundamentalmente polo debate lingüístico -case 20 dos 40 minutos de duración-, Feijóo insistiu en salientar a independencia de Lorenzo, mesmo cando se lle inquiriu pola posible proximidade no pasado do novo secretario xeral co PSdeG. Lorenzo é así, para Feijóo, "un linguísta independente que o goberno ficha co compromiso de derrogar o anterior Decreto de Política Lingüística e consensuar un novo". "Dixemos hai tempo que creemos que determinados cargos do goberno poden ser independentes; o dixemos e o facemos", abundou o presidente en defensa de Lorenzo.

A partir desa independencia, Feijóo reservouse en varias ocasións durante a súa intervención o control directo sobre o novo secretario. Así, insistiu nas mans libres que terá o novo secretario mesmo obviando en todo momento ao conselleiro de Educación, do que dependerá orgánicamente. Igualmente, indicou que o propio Lorenzo "será o que derrogue o Decreto e informe ao goberno do novo". Por último, preguntado polos prazos, pediu tempo dicindo que "poreille data a Lorenzo cando tome posesión". Sobre os tempos, Feijóo si engadiu que o novo Decreto estará aprobado "dende logo, na primeira parte da lexislatura", lembrando as dificultades que ten o momento actual co curso escolar a piques de rematar.

Pouco tempo necesitou Galicia Bilingüe, tan só unhas horas, para cualificar de "fraude" o nomeamento. A asociación, que durante a campaña electoral apoiou e se viu apoiada polos plantexamentos e propostas lingüísticas do PP, indicou que se sinte decepcionada co presidente da Xunta e que este "non está moi disposto a atender os seus compromisos".

A presidenta da asociación, Gloria Lago, criticou o docente vigués por "estar sempre a favor do proceso de imposición lingüística impulsado polo anterior goberno da Xunta". Así mesmo, recordou que este profesor é un dos responsables da campaña da Universidade de Vigo titulada Europa é plurilingüe. Quen sabe galego sabe máis, iniciativa que considerou unha "manipulación da realidade" sobre o modelo lingüístico de ensino que se segue noutros países.

Lago insiste en reclamar unha política "sen imposicións", con accións, en materia educativa, como a derrogación do Decreto do galego ou a consulta aos pais no sobre de matrícula do próximo curso.

REACCIÓNS

PSOE: “O secretario debe saír das políticas que ten encomendadas”

O PSdeG-PSOE considera que o nomeamento “sen consenso previo” non agoira “nada bo para o acordo necesario” nesta materia. O portavoz de lingua do grupo parlamentario, Francisco Cerviño, di que o problema para a lingua galega “é a liña oportunista e irresponsable” do presidente da Xunta. Segundo Cerviño, o novo secretario debe agora “saír do embrollo de políticas que ten encomendadas e que poden acelerar o agravamento da situación da lingua galega a medio prazo”.

BNG: “Se Lorenzo estivese comprometido coa lingua, dimitiría ao día seguinte”

O voceiro parlamentario en materia lingüística do BNG, Bieito Lobeira, indicou sobre Lorenzo que, con independencia da súa cor política, lle preocupan “as medidas prácticas que vai adoptar” e afirmou que, “se esta persoa estivese comprometida minimamente coa lingua galega, por dignidade, dimitiría ao día seguinte”. Igualmente, dixo que as dificultades atopadas polo PP para ocupar o cargo se deben a que “é difícil aceptar converterse no verdugo legal da lingua”.

CIG-Ensino: “Lorenzo dicía fai pouco que a imposición era unha invención”

O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, advertiu de que o sindicato xulgará “polos seus feitos e o seu futuro” e “non polo seu pasado” o novo secretario, que foi un antigo colaborador da responsable deste área durante a Xunta do bipartito, Marisol López. “Fai pouco dicía Lorenzo que era unha invención de sectores minoritarios o que o galego se impoñía e que era necesario estudar medidas que supuxesen un avance”, recordou Louzao, e pediulle que sexa consecuente.

A MESA: “A partir de hoxe xa non está vacante o posto de verdugo para o galego”

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, considerou que o nomeamento supón “camuflar ao lobo con pel de año” e que Lorenzo “pode ser máis guapo ou máis feo, ter máis currículo ou menos currículo, máis ou menos capacidade para enganar”  pero que “a partir de hoxe o posto de verdugo xa non está vacante, o caso é que se trata dun posto de verdugo para o galego”, dixo.  Callón tamén lamentou que haxa “persoas que se presten a este xogo perverso”.

EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN: “Debe manter a liña de promoción da lingua que tivo ata o momento”

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística foi un dos poucos colectivos que valorou “positivamente” o nomeamento polos seus “coñecementos acreditados” e pídenlle “coherencia” coa liña de traballo e promoción da lingua “que tivo ata o momento”. A Coordinadora recorda que “foi secretario da Comisión Sectorial de Educación no Plan xeral de normalización dá lingua Galega de 2004” no que “se apuntan as medidas incluídas no Decreto” actual.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
quen son os marcianos, e os postfascistas?
EU MESMO
2009-05-16 01:23:53
Os unicos marcianos son os que ensalzan linguas foraneas no noso pais. Xa ten o castelan a exclusividade na maioria das comunidades, non pasa nada porque sexa a segunda lingua aqui, porque ademais é o unico sitio onde se fala. Foi un pacto de todos este decreto e vos volvedes atras con esa falsisdade postfascista que tedes.
2
Pondali-ANO=Andrés Fraile el filólogo de Todo a 100?
Toño
2009-05-16 01:06:00
Pondaliano, en la pobrecita y maltratada lengua co-oficial te lo digo, ya sabes por donde meterte tu sarcasmo de baratillo, que además rima con este pseudónimo tan ridículo que te has puesto. Hablas con el mismo tonito chulesco del que hace gala ese antifilólogo filoFAEScista. Vaya, vaya, no será que ya te has descubierto? el gran prócer que volvió para triunfar y llevarnos por la senda de la civilización... Debería cuidar además ese lenguaje, está vuesa merced amenzando de alguna manera con lo de "capón"? Nos va a mandar a los skins con acné de Marín a defender la sacrosanta unidad de España? o a algún militar reaccionario provocador como el que se enzarzó en la manifestación de GB con un jovenzuelo en plena efervescencia hormonal y se ganó un ojo morado? Qué calladitos estáis estos días, estáis preparando el contraataque? Estáis de pataleta y votaréis a los Upeideiros en las próximas? Deixade vivir e calade dunha p. vez, a chorarlle a Rosa Díez ou a José Mari I de España de Zambomba y Pandereta. A ver cuándo nos comunicas tu maravillosa bibliografía de la que presumías, no serás el autor de "El Guerrero del Antifaz y la construcción nacional española"?
3
QUERIA SABER
pinto
2009-05-15 23:05:03
Eu queria preguntar si algen sabe como esta o tema do coche do señor freixo,perdon Freijooo
4
POMBALIANO, NON DESERTES
ANTON
2009-05-15 21:44:13
Pombaliano; non desertes, que ti fuiches uno da amabilidade linguistica durante seculos, estas deixando a Luisa soa. Ademais, moitos que vamos a facer, si non hay que falar en estos foros. E chama a Nostrus e Erasmo. que fai falla salsa.
5
Letras de Liberdade
Erasmo
2009-05-15 20:28:33
Ogallá estas foran unhas Letras Galegas de LIBERDADE. Para instalarmonos na lingua sen complexos nin liortas baratas! Callón e Lobeira ben podían calar a boca dunha vez! Eles están a ser os únicos VERDUGOS da lingua deste Pobo! Os experimentos con gaseosa por favor...[]http://www.vieiros.com/open/amosar/726/letras-de-liberdade
6
Sin debate. Mejor el lunes
Pondaliano
2009-05-15 19:35:27
Os veo simpáticos y alegres, hasta eufóricos diría yo. Pues me alegro, porque yo también lo estoy... ¿qué queríais? ¿un decretazo? Hombre no, primero porque las cosas se hacen a modiño y con xeito, y segundo porque os habéis empeñado en ver enemigos donde no los hay; lo único que el PP prometió es revisar la cuestión e intentar contentar a unos y otros con cordialidad... De momento, creo no equivocarme, las cosas van por su camino y con cuatro años por delante -con el cielo por fin despejado- se alcanzarán las promesas (la del gallego y las demás) ¿Apostáis algo? Por eso, me atrevería a aconsejaros que no cejéis en vuestros empeños; el domingo en Santiago, salvo que os caiga algún capón (algunos lo tendrían muy bien ganado), deberéis insistir más y más... Todo será poco, pues me temo que seguiréis frustados y resentidos en vuestros sueños "nacionais". Es algo genético, como ya he repetido muchas veces ¿De verdad vivís en Galicia? No; yo creo que sois marcianos.
7
Vaia lea
Palmira
2009-05-15 19:28:19
Feijóo deuse de conta de que xa era hora de recuar. O asunto escapóuselle das mans e agora non sabe como resolver esta lea na que se meteu. A aposta por Anxo Lorenzo demostra ser intelixente. Feijóo xa dixera que prefería técnicos e non políticos (ao fin e ao cabo, é un tecnócrata), que mellor técnico ca Anxo, que de verdade sabe o que fai? O sorprendente non é que colla a un especialista independente, o soprendente é que colla a un especialista que vai puxar en favor do galego e non en contra. En resumo, estando as cousas como están, o nomeamento de Anxo é o mellor que lle podía pasar para o galego. Parécenme moi desacertadas as críticas de Lobeira e da Mesa. Se Anxo desertase, o galego non gañaría nada, perderíao todo.
8
Adeus Falacia Bilingüe
Galibana
2009-05-15 17:37:21
Para comezar, penso que xa ninguén debería escoitar a Gloria Lago. Quen é esa muller? Paréceme máis interesante o que opine un xogador do Celta. Canto ao nomeamento, Anxo Lorenzo ten un currículum e unha traxectoria extraordinaria. Supoño que un profesional así só aceptaría o cargo na procura dunha política consensuada.
9
Inmersión lingüistica
Inacio Xesús
2009-05-15 16:58:25
Agora que xa o sr. Feixoo se quitou a carauta españoleira, haberá que lle solicitar a inmersión lingüistica en galego, xa postos en galego lusista ou reintegrazonista; estarémolo asexando, non decaia presidente, somos moitos. Adicado aos GB; foi bonito mentres durou, deixástesvos usar; usar e tirar, seica!. É o que ten a demagoxia, queriades abri-la caixa de Pandora, e agora a chorimicar a Rosa Díez de Españaaaaa!.

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.