As interpretacións de músicos de todo o mundo, gravadas en vídeo e colgadas na páxina web Youtube, permitiron onte ofrecer un concerto a través da Internet, unha iniciativa pioneira no mundo. Este orixinal concerto, organizado pola Asociación de Usuarios da Internet (AUI), foi un dos máis de 400 actos programados para celebrar onte o Día Mundial da Internet.
Carlos Escudero, director da Camerata de San Nicolás (Zaragoza) e un dos organizadores da actividade, explicou que o propósito é “facer ver aos músicos que a internet pode servir para algo máis que para vender discos”. Para participar, os músicos debían gravar un vídeo interpretando algunha das obras clásicas propostas, subilo á plataforma Youtube e rexistralo na web da iniciativa (www.conciertodeinternet.org). No repertorio de obras clásicas, figuraron o Aria de Bach, o Canticorum Jubilo de Haendel, o Himno de Noite de Rameau ou o vals número 2 de Shostakovih.“As pautas de dirección permiten que todo o mundo vaia acompasado e que unha vez recibidas todas as interpretaciones, os enxeneiros podan unilas e dean lugar ao concierto virtual”, explicou Escudero, aclarando cal é o mecanismo de gravación e difusión da iniciativa.
Paralelamente, a Asociación de Usuarios da Internet convocou xunto á Fundación Andalucía Tecnolóxica un concurso co obxectivo de seleccionar unha composición para orquestra sinfónica, orixinal e inédita, que subliñe valores da rede, como a innovación, a solidariedade, a democracia ou a comunicación. As dúas composicións que resulten gañadoras recibirán uns premios de 3.000 e 1.500 euros respectivamente.
