Feijóo ataca a modernidade ao paralizar o Plan Vigo Íntegra, di o PSOE

O PSOE respostou onte ao anuncio realizado pola Dirección Xeral de Infraestruturas de que “reformulará” o Plan Viario Vigo Íntegra, elaborado polo anterior Goberno.
Xornal de Galicia Actualizado 18/05/2009 - 00:09 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

O encargado de cargar contra as decisións da Xunta foi o voceiro de Obras Públicas do grupo parlamentario socialista, o deputado Pablo López Vidal, quen dixo que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo “actúa como un equipo de demolición dos cimentos da modernidade e do progreso do noso país construídos por un goberno socialista”.

López Vidal considera que a paralización supón “un exercicio intolerable de revanchismo” do actual conselleiro, Agustín Hernández, que “logo de ter sido director xeral de Obras Públicas no Goberno de Fraga e non ter feito nada pola mobilidade na área urbana de Vigo agora non está disposto a admitir o que fixemos os socialistas a favor da cidade”.

O deputado socialista asegura que a paralización do plan “impide” a execución das 70 actuacións recollidas no documento que suporían un investimento total duns 2.000 millóns de euros en 350 quilómetros estradas, o que ao seu xuízo permitiría “coordinar todas as infraestruturas de comunicación por primeira vez na historia da cidade”. Nesa liña, López Vidal considera que o propio Plan Vigo Íntegra constitúa unha “radiografía” do que os gobernos de Fraga non fixeron en 16 anos.

As críticas do PSOE prodúcense logo de que a directora xeral de Infraestruturas, Isabel Vila, anunciase o venres no Parlamento de Galicia que o seu departamento “reformularía” o documento, aproveitando parte do traballo realizado pero modificándoo e abrindo un novo periodo de exposición pública. Segundo asegurou, o actual Goberno atenderá as alegacións xa presentadas e aprobará un plan que conte con consenso.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.