A Xunta pon enriba da mesa a “segregación” por idioma nas aulas

O conselleiro de Educación insiste en derrogar o decreto do galego e indica que os cambios serán a partir do curso 2010/2011.
D. LOMBAO / R. SUÁREZ Actualizado 19/05/2009 - 14:30 h.
22 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 12 voto/s

Vintecatro horas despois de que 40.000 persoas rexeitasen en Compostela un posible “retroceso” no grao de protección do galego, sobre todo no ensino, o Goberno do PP optou por teimar nas súas posturas e incluso levalas un pouco máis alá, xa que o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, suxeriu que analizarán a posibilidade de segregar nas aulas aos alumnos segundo o idioma, reivindicación de organizacións como Galicia Bilingüe que, en principio, a Xunta apartou ao chegar ao poder. O anuncio foi feito polo responsable autonómico do ensino durante a rolda de prensa que ofreceu onte xunto ao novo secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, na que ambos sortearon durante máis dunha hora as preguntas dos informadores sobre uns plans lingüísticos que, polo momento, se sustentan sobre unha única premisa á que eludiron dar forma: “O noso compromiso –afirma o conselleiro– é derrogar o decreto”.

Anxo Lorenzo sostén que o decreto que elabore o Goberno de Núñez Feijóo se baseará na “promoción” da lingua galega e no respecto á “liberdade das persoas”. En calquera caso, o secretario xeral recoñece que aínda “non hai un bosquexo” para a elaboración dun documento no que, afirman, “os pais terán moito que dicir” mediante unha “consulta ampla” da que aínda non se coñece o formato e cuxos primeiros pasos, explica o conselleiro, se producirán “xa”. Sobre esa posible elección por parte dos titores legais dos alumnos apunta o conselleiro que, malia á esa consulta, “non é posible unha carta” para cada pai ou nai.

Así e todo, as variacións lexislativas non chegarán ás aulas ata o curso 2010-2011 xa que, di Vázquez, o “axustado” dos prazos fai inviable que o novo decreto estea preparado despois do verán. “Preferimos –explica– tomarnos un tempo prudencial” para elaborar un texto que “ten que perdurar no tempo” e cuxo primeiro borrador podería estar listo o vindeiro mes de xaneiro, momento no que se iniciarían as “consultas” cos diversos colectivos. Mentres tanto, di, a consellería transmitirá “indicacións” aos centros educativos, se ben estas, ao contrario do que inicialmente anunciara o presidente da Xunta, non contradirán as normas vixentes, dado que “mentres non derroguemos o decreto, non podemos actuar contra a legalidade”.

Unha das cuestións máis espiñentas ás que Vázquez e Lorenzo tiveron que facer fronte en reiteradas ocasións ao longo da súa comparecencia foi a vencellada á posibilidade dunha posible separación dos alumnos en función da lingua que os seus pais escollan. Segundo o titular de Educación, a consellería non di, polo momento, “nin si ou non a nada”, nun contexto no que esa posible “segregación” se “pode poñer perfectamente enriba da mesa” se ben, apunta Vázquez, a Xunta non fará “nada en contra da legalidade”no caso de aplicar unha medida que, recoñece, tería “un custo moi elevado”.

Pola súa parte,Lorenzo afirmou “respectar” a manifestación celebrada onte en Santiago, na que máis de 40.000 persoas protestaron contra a derrogación do decreto do galego, pero reiterou que, a pesar diso, a norma “vaise a derrogar”. “É un momento quente, conflitivo arredor da lingua”, admitiu. Por último, o conselleiro recoñeceu que “as galescolas non teñen sentido con este modelo”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
para coruñes
libertad,igualdad,justicia
2009-05-23 22:24:35
déjese de monsergas pluriloides,que se cumpla la ley que se lleva pervirtiendo años,se acabó esta impostura,ud. elija la identidad que le salga del nabo,pero respete la ley,déjenos a los demás elegir la que queramos por que la ley ya llevamos años cumpliendola(nunca he dicho ni defendido que no se estudie el gallego,pero una cosa es esto y otra lo que impuso el decreto,una inmersión obligatoria para el 100% de las materias en gallego,salvo castellano,el consello consultivo de galicia emitió un informe negativo denunciando que esto rompía la legalidad) y métase sus juicios de valor donde le quepan, no me acuse de lo que ud padece,por que son ud.,los que defienden este decreto, los intolerantes.
2
segregar? o elegir?
mara
2009-05-23 22:02:59
cuando un alumno elige que materias va a dar,ciencias o letras,o cualquier otra optativa,se le segrega al cambiar de grupo o simplemente a elegido en función de sus intereses?,los que habláis que elegir la lengua es segregar,por qué no denunciáis la "segregación" que padecen los alumnos cuando se van a un aula o otra por haber elegido tal o cual materia.Evidentemente cuando alguien elige ir por ciencias o letras o tener como vehícular el gallego o castellano no se le segrega sino que elige en función de sus intereses y en plena libertad.segregar sería que alumnos que hubiesen elegido castellano en las troncales se les obligase a ir a un grupo de gallego o viceversa,eso sería segregar e imponer que es lo que se ha venido haciendo hasta ahora,me hace gracia ver como padres castellano hablantes muy altruistas ellos, someten a sus hijos a una inmersión que ni siquiera ellos han sufrido,la unesco y cualquier especialista dice que los niños deben ser escolarizados en su lengua materna,y además el registro culto de una lengua solo se adquiere en un largo proceso formal educativo y no viendo la televisión...a si nos va,pero es tan difícil entender que de lo que se trata es de que cada uno tenga la libertad y el derecho de elegir la lengua vehícular de su preferencia como pasa en cualquier país europeo.
3
Competencia versus enquisas
Camilo
2009-05-19 20:33:34
Estou de acordo coas persoas que apuntaron que se deberían facer probas de competencia, non enquisas ós pais. O estatuto fala de dúas linguas en pé de igualdade, e iso non é o que acontece en Galicia. É obriga da Xunta tomar medidas para que o estatuto se cumpla, e está ben lonxe de cumplirse, por suposto, en detrimento do galego. Respecto ó da segregación... "no coment", que forte. O Conselleiro veu a dicir que serán os criterios económicos os que xustifiquen que non se chegue a implantar dita norma. Debemos entender entón que se non fose caro, sería xustificable a segregación escolar. Que forte. E o poñen de Conselleiro de educación. Supoño que o que o puxo no cargo comparte as súas ideas, ¿porqué senón o poría?. Dobremente forte.
4
¿Quien dijo tolerancia?
scorpo
2009-05-19 19:01:08
A ese individuo que llama impositores a los que defienden una lengua en declive le dire que su idea de España no es la idea de España que tenemos otros muchos. España es un conjunto variado y complejo, en donde el castellano es una lengua de la mayoria, pero no es la unica. Me gusta la idea de una España plural, y eso implica respeto y apoyo a las minorias. No hablo gallego, pero quiero que mi hijo reciba una educación que yo no recibí; que se sienta gallego y español. La segregación es una atrocidad para los niños y para los padres. Quiero que mi hijo se eduque en gallego porque el castellano se lo van a imponer, aunque no quiera, los medios de comunicacion; Tv, diariosm revistas, cine. "Que impongan a mis hijos una colectiva obligatoria..." Y hablar solo castellano qué es. Salud, sobre todo mental.
5
A imposición do castelán
Lucus
2009-05-19 18:40:40
Convídovos a todos a consultar esta páxina: http://www.contrastant.net/llengua/obligatori.htm Nela figuran máis de 200 diposicións legais que impoñen o uso do castelán.
6
Libertad, igualdad, justicia ?
coruñés
2009-05-19 18:10:12
Usted habla de las taras personales y mentales de los que defienden el gallego. Francamente, debería mirarse un poco a sí mismo. Todo su discurso está lleno de un nacionalismo español rancio, rancio, rancio. Esa es su idea de España, pero afortunadamente hay otros muchos que pensamos que hablando gallego también somos España. Si usted no lo considera así, no lo olvide: es usted el que con su radicalismo nacionalista nos está expulsando de España. Lea a Sabino Arana y, cambiando de nación, se reconocerá perfectamente. Da usted miedo.
7
fuera el decreto ya! impositores
libertad,igualdad,justicia
2009-05-19 16:09:20
yo quiero que mis hijos estudien las troncales en español,mi idioma propio ,el de mi familia, el de mis abuelos hasta donde me acuerdo y el idioma oficial y común en toda españa,mi pais,el que nos une a millones de compatriotas con los que compartimos el día a día,y una historia en común,no acepto que la mesa,o los perdedores en las elecciones impongan que mis hijos tengan que estudiar todas las materias en una sola lengua, que me impongan a mí y a mis hijos una identidad colectiva obligatoria,que no,esto es democracia no totalitarismo,..que no señores que no, ud. estudien las materias todas en gallego o en bantusi,allá con sus taras personales o mentales,pero no traten de imponermelas a mí ni a mí hijos, galicia es españa y aquí no se está respetando la constitución ni el estatuto en cuanto a la mal llamada normalizacíón.este es el verdadero problema de base.
8
Non fadeslle caso...
estebán
2009-05-19 14:42:43
O mismo conto co "Prestige" e a guerra do Irak. Eses tolos que sairon de manifestación en Santiago van berrando seu noxo nas rúas. Nin parvo podo imaxinar unha discriminación pola lingoa escollida nas escolas. A simple vista estamos en mans duns irresponsables que largaron de máis e agora non saben como arranxar o problema que eles crearon. Abur
9
exames de galego e de castelán
elidenande
2009-05-19 14:27:03
E por que no canto de preguntarlles en que lingua queren estudar non lles avaliamos as competencias lingüísticas en ámbolos dous idiomas? Esta si que sería unha proba obxectivable que demostraría cal é a situación real e que segundo GB viría beneficiando o status do galego, dado que os nenos só estudan galego e a penas dan castelán... Esta proba viría a demostrar se é preciso reforzar algunha das linguas nas que os cativos deben ter competencia total. Avalíen os coñecementos e non as vontades políticas, señores gobernantes.

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.