Teresa Moure: “A feminidade tamén é disidencia política”

A monfortina defendeu o rol de ‘muller’ na literatura como unha forma de expresarse alonxada do poder. Pechou este sábado os ii encontros cidade da coruña, adicados á muller na literatura
A.L. Actualizado 28/05/2009 - 02:01 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

A escritora Teresa Moure, expresou onte un xeito de entender o feminino na literatura que vaia "máis aló do biolóxico, ata o espazo da diferenza política". Nese sentido, muller sería calquera que escriba cunha voz alonxada dos círculos de poder, coa "do terceiro mundo, das outras razas, das outras culturas". A narradora feminina pon así as mulleres como exemplo de voces marxinadas nunha cultura historicamente patriarcal e identifícaas con todo tipo de "disidencia".

Moure, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio en 2004 por Outro idioma é posible, Premio Xerais de novela en 2006 por Herba moura, e gañadora do Premio Rafael Dieste de teatro e de nove María Casares pola súa peza Unha primavera para Aldara, foi a encargada pronunciar onte a conferencia que pechou os II Encontros Cidade da Coruña, organizados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, que este ano estiveron adicados ao tema Muller e literatura.

Na sede da Real Academia Galega, Moure xogou con ata acepción do feminino para repasar a presenza das ‘escritoras' nas historia das letras universais. "Representan os matices, as voces diferentes, que enriquecen a actividade artística", afirma.

Ao seu modo de ver, un exemplo claro deste rol feminino foi Rosalía de Castro, unha autora que sempre se moveu lonxe do poder e que representou a "alteridade".

A postura de disidencia ten o seu custo, especialmente en canto a respecto e recoñecemento oficial. Teresa Moure sinala que só 11 mulleres gañaron o Premio Nóbel de Literatura, e que o seu número foi particularmente escaso durante o agromar do feminismo, "polo mesmo que non llo deron a moitos escritores negros do postcolonialismo".

Neste sentido, cre que o masculino ou o "patriarcal" tende a ignorar toda diferenza: "É o que ocorre cando ás mulleres pídennos que falemos non de autodeterminación ou de historia, senón de literatura para mulleres, un por min e as miñas compañeirasno que se esquece que non somos todas iguais".

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.