A Xunta creará unha delegación para tramitar as exencións fiscais

O Consello da Xunta creará "de inmediato" unha delegación na S.A. de Xestión do Plan Xacobeo para "acelerar os trámites" relativos á solicitude de exencións fiscais para as empresas que fagan promoción o Ano Santo de compostelano.
Xornal de Galicia Actualizado 30/05/2009 - 03:38 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

Así o explicou hoxe a secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, tras participar hoxe en Madrid na Comisión Executiva do Consello Xacobeo na cal se acordaron, entre outros temas, as medidas para obter as exencións fiscais para as empresas que patrocinen este evento.

Nesta liña, a Xunta xestionará a través da sociedade do Plan Xacobeo a dedución por patrocinio por parte das empresas, que se realiza a través do imposto de sociedades e que, no actual contexto, as empresas poderán aplicar nun prazo de dez anos, ata que teñan un imposto positivo.

Hoxe, na reunión mantida en Madrid, presentouse o libro que desenvolve as directrices que se deben cumprir cos patrocinios que, ao igual que o resto das medidas acordadas hoxe, deberán ser levadas ao Pleno do Consello Xacobeo, que terá lugar a primeira quincena de xuño.

A este evento acudirá o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda; e o de cultura e Turismo, Roberto Varela; aínda que grazas a esta reunión previa, en Galicia xa se poden iniciar os trámites para a captación de subvencións, dado que isto debe ser xestionado dende as Comunidades Autónomas.

Plan de Promoción

Turespaña, que participou tamén na Comisión, presentou un plan específico de promoción internacional do Xacobeo do que Galicia tamén formará parte, mentres que a Comunidade galega propuxo que todas as rexións de España que participaron na reunión utilicen "un logotipo único" para os actos de promoción internacional e nacional.

Ademais, Galicia solicitou que este mesmo logotipo sexa empregado no plan de promoción proxectado por Turespaña, tema que se concretará nun próximo encontro que terá lugar en Santo Domingo de la Calzada o día 29 de xuño. En caso de que a proposta fose aprobada polo pleno, sería a primeira vez que todas as comunidades utilizan a mesma imaxe promocional do Ano Santo, apuntou a Consellería de Cultura.

Para logralo, Carmen Pardo e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presentaron un documento previo de cesión da marca e un novo manual de identidade corporativa para o uso do logotipo. Así mesmo, argumentaron as vantaxes desta utilización e de manter a marca como está, coa X de Xacobeo e non coa J de Jacobeo, como defenderon algunhas comunidades.

Por outra banda, presentáronse as actividades conxuntas programadas dende algunhas Comunidades Autónomas e dende a Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais para materializar o ano santo. Pola súa banda, a secretaria xeral para o Turismo advertiu de que Galicia "non fixo no anterior Goberno ningunha proposta" e de que "malia estar moi axustado de prazos" pedirán autorización para encaixar antes do día 8 do mes de xuño, unha proposta galega.

En canto aos actos inaugurais do Xacobeo, dúas comunidades xa fixeran as súas propostas en 2007, aínda que nos últimos tres anos o Goberno de Galicia "non se manifestou sobre esta posibilidade". Os actos inaugurais terán lugar durante o primeiro trimestre do ano e contarán coa participación da Casa Real.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.