Totó García, actor porno: "Queremos encher un baleiro no cine español"

“Aquí faise moi pouco cine para adultos”, di o creador da produtora PorNoAburrirse.
SONIA DAPENA Actualizado 30/05/2009 - 03:17 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

"Estamos moi contentos coa repercusión que está a ter o noso proxecto porque en Galicia se fai moi pouco porno", dí Totó García. Aos 16 anos, este ferrolán estudiante de Empresariais sabía que quería dedicarse de cheo a este mundo e esperaba triunfar. Agora, case unha década despois, dirixe unha das poucas productoras eróticas galegas e a máis recoñecida da comunidade en todo o país.

Cómo xurdiu PorNoAburrirse?
Empecei moi precoz. Con 16 anos diseñaba unha páxina web erótica e aos 17 gravaba as miñas producións amateur coas rapazas coas que estaba. Pouco a pouco, interesoume máis todo o tema a un nivel profesional. En 2008, déronme un premio á mellor web erótica por www.placeresvisturales.com no Ficeb (Festival Internacional de Cine Erótico de Barcelona). A partir de aí, dinme conta de que tiñamos unha canle de distribución perfecta das nosas produccións e puxemos todo en marcha.

Cantas persoas forman a empresa?
Somos, principalmente, catro personas, aínda que dependendo da rodaxe podemos ser moitos máis. David Bresó e máis eu diriximos: el leva a parte de cámaras e eu a postprodución, maquetación para webs e guión. Temos, tamén, unha maquilladora e unha directora de castings, que se encarga de descubrir as novas promesas.

Por que crearon a produtora?
Queríamos encher un espazo baleiro dentro do porno español, crear un produto novo, diferente e exclusivo dirixido por xente nova. Temos moitas ideas que aínda non se viron neste sector.

Supoño que había uns obxectivos claros dende o principio. ¿Desbordoulles un éxito tan rápido?
A verdade é que si, foisenos un pouco das mans. Aos tres meses de crear PorNoAburrirse, xa había imaxes miñas nos telediarios. Aos oito, chegaron as nominacións no Ficeb: mellor película española e mellor actor revelación [para el]. E todo en menos dun ano metido nesta profesión.

Cal é o seu mercado?
Traballamos casi exclusivamente para internet, aínda que tamén estamos a rodar filmes soft, un tipo de cine máis erótico que pornográfico, para a televisión e sacamos as películas á venda en formato DVD.
De onde veñen os ingresos?
A facturación conséguese principalmente grazas aos SMS para baixar produtos. Depende moito da capacidade que teñas para mover tráfico de mensaxes; para vivir ben tes que ter moito tráfico porque, se non nunca sacarás rendibilidade nunha produtora web.

Moita xente ten curiosidade por coñecer de preto unha rodaxe...
Pois é sempre o mesmo: chega a actriz, preparamos o set de rodaxe, a maquillaxe e peluquería, facemos unha sesión de fotos e a traballar. Un mes despois, a escea publícase nos nosos dous sitios na rede.


Que outros proxectos andan pola cabeza de Totó García?

Estamos a rodar algunhas películas. Fai pouco viaxamos a Estados Unidos e gravamos esceas, que formarán parte do filme Imagina, en Los Ángeles e Las Vegas con estrelas moi coñecidas neste tipo de cine. Ademais, na web ofrecemos un novo servizo para facer películas profesionais a parellas e, incluso, pódese conseguir que un rapaz ou rapaza comparta unha escea co seu ídolo. Ademais, agora imos participar no primeiro festival erótico galego Eros Galicia que se celebra agora en xuño na cidade da Coruña.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.