Á busca dun oco na industria erótica cun filme en galego

O polémico actor ferrolán Totó García pretende sorprender aos fans deste xénero cun “bo produto en galego”. Este mercado darase a coñecer na comunidade no festival Eros Galicia, que se celebra en xuño na Coruña.
SONIA DAPENA Actualizado 02/06/2009 - 17:10 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 16 voto/s

Todos os sectores están a sufrir as consecuencias da crise que vive o país. Sen embargo, sempre hai quen sobrevive mellor aos malos momentos. A industria do erotismo e o porno mantén como poucas o tipo, a pesar dalgunhas perdas puntuais. Segundo datos facilitados pola organización do Ficeb (Festival Erótico de Barcelona), a industria do sexo moveu no país uns 470 millóns de euros e outros 90 en exportacións durante 2007. Proba desta resistencia é o festival Eros Galicia que, segundo o director do evento, Juli Simón, chegará a cidade da Coruña o próximo fin de semana para amosar aos galegos, "unha realidade empresarial, artística e cultural".

"A verdade é que aquí atopamos unha xente moito máis aberta do que imaxinabamos; aceptan o festival con normalidade", comentou onte Simón durante a presentación en sociedade do salón. Esa normalidade dexouse ver coa presenza, na rolda de prensa, de actores galegos como Yara Lamas ou Totó García, un dos 18 profesionais que, en España, ademais de actuar, tamén dirixe.

Precisamente este polémico actor, que se fixo coñecido por rodar un vídeo porno coa catedral de fondo, comanda un orixinal proxecto para dar un espazo á lingua galega no cinema erótico. Actor e director de éxito -conta cun premio e tres nominacións do Festival Erótico de Barcelona-, actualmente Totó atópase metido, entre outros proxectos, na creación dun película coa Galicia total por obxectivo. Terra Meiga pode ser o nome para ese filme que tirará da canteira de actores, da espectacular paisaxe e do idioma da terra.

"Queremos facer un bo produto en galego; ten que parecer enxebre pero serio no que as paisaxes sexan galegas, se se ve unha cervexa, que sexa Estrela de Galicia, os actores sexan galegos... Queremos que iso se vexa incluso pola forma de interpretar", explica o actor.

Como o seu nome indica, será unha historia de meigas. Sen embargo, non será unha cinta de medo, senón mitolóxica pero "con clase". "Eu son un estudiante de historia que investiga que hai de realidade na existencia de meigas en Galicia; céntrome na lenda dunhas que eran moi famosas porque se lles botaba a culpa de facer desaparecer aos rapaces atractivos", di García. O argumento, por suposto, vai unido ao contacto corporal.
Os fans deste xénero xa están cos dentes longos agardando a que se colgue na web www.PorNoAburrirse.com. No entanto, terán que agardar aínda "moito tempo" porque a gravación vai ser longa e moi traballada. "Tardaremos uns dous anos en acabala porque é complicado atopar as rapazas que buscamos", explica o director.

"Cada ano saen dúas ou tres actrices galegas e, ademais, teñen que cumprir unhas características moi determinadas", engade. Para as que se postulen, o físico que busca a productora é o dunha muller que se pareza todo o posible a unha rapaza atractiva de hai uns cen anos. Nada de piercings, nada de tatuaxes nin de silicona: non resultaría crible. Nesta produción, a beleza natural imponse.

Canteira galega
Para o papel de mozo ben dotado a cousa é ben distinta. PorNoAburrise non conta nunca con actores noveis porque un maior ou menor aguante pode chegar a estropear unha toma de 800 euros. Totó García xustificao como unha decisión meramente empresarial: "A actriz non vai ser impedimento para que se grave unha escea; sen embargo, se un actor non funciona nós non podemos asumir as perdas de maquillaxe, salarios para os intérpretes... serían moitos gastos".

A crise non acabou cos filmes eróticos, que en 2007 ascenderon a 180, pero si rebaixou os cachés. "Cando pase á crise, poderase vivir moi ben disto pero como en cada traballo levará o seu tempo; é un pouco coma un rapaz que quere ser futbolista: da noite á mañá non vai cobrar como Casillas, primeiro pasa por un equipo de segunda e vai subindo ata ser unha estrela", explica.

Quéixanse de que tampouco obteñen patrocinios das administracións, a pesares de que promocionen o turismo cos escenarios exteriores. "Non espero moito dos políticos, non se arriscarán a subvencionarnos porque o que facemos é algo moi criticable para os seus adversarios", recoñece García. No entanto, en lugares como Cataluña, polo menos, concédense permisos municipais para as rodaxes. O segredo da produtora galega para acadar as mellores tomas e escenarios é madrugar moito para escapar de todos os ollos indiscretos.

O negocio do sexo

Obter datos sobre o volume de negocio que move o porno en España é unha labor case imposible. Distintas agrupacións organizan ás empresas e aos produtores por separado e a SGAE non ten tan controladas as cifras como noutras ocasións e sectores. Sen embargo, os organizadores do Ficeb (Festival Internacional de Cine Erótico de Barcelona) manexan algunhas informacións do ano 2007. Naquel momento, afastado no tempo da crise, había no país 18 produtoras de cinema para adultos e 28 distribuidoras creaban material para o mercado nacional e internacional. Nese mesmo ano, o único do que existen datos fiables, unhas 445 tendas eróticas e ‘sex shops’ se repartían unha parte dos suculentos beneficios que deixa este negocio. Agora, en Galicia parece que este tipo de establecementos vai sorteando bastante ben a crise. Na presentación de Eros Galicia, Bernardo Couceiro, un dos empresarios galegos que participará cun ‘stand’ no salón, recoñeceu: “Estamos a funcionar bastante ben e crecemos un pouco pero esperamos que a situación poida mellorar con este evento”.

Un salón erótico na Coruña para deixar voar a "imaxinación"

A próxima semana aterriza na cidade da Coruña o equipo do festival Eros, que se instalará no recinto de ExpoCoruña do venres 5 ao domingo 7. Os dous primeiros días, de 16.00 a 2.00 horas e o domingo, de 12.00 a 22.00 horas, o recinto feiral estará ao servizo da imaxinación dos galegos. Tras o pago dunha entrada de 20 euros (non hai venda anticipada), os visitantes poderán atoparse con numerosos ‘stands’ de venta de obxectos eróticos ou xoguetes de fantasía, actuacións, ‘performances’, exposicións... Ademais, segundo o director do salón, Juli Simón, haberá áreas temáticas para todos os gustos. “Vanse atopar cunha zona adicada ao fetichismo e ao sado, un área de intercambio de parellas que é unha práctica que está a crecer en Galicia, un stand especial para o público feminino ou un plató de cine para adultos porque queremos desmitificar as rodaxes”. A produtora ‘PorNoAburrirse’, que dirixe o galego Totó García, montará un escenario con cinco actrices que protagonizarán ‘shows’ de parella, lésbicos ou con lume cada media hora. Pola súa banda, a acróbata vaxinal Baby Pin Up, habitual de programas de televisión como ‘La Noria’, traerá os seus espectáculos á cidade. “Saco 150 metros de bandeira, 90 metros de colar de perlas ou flores da vaxina e ademais podo enroscar bombillas; son a única que fai estas cousas en Europa”, comentou a artista onte na Coruña, no acto de presentación do festival. David Galant, Anastasia Mayo, Sara May ou Rafa García (o irmán xemelgo de Dinio, o televisivo ex noivo de Marujita Díaz) son outros dos nomes que funcionarán como reclamo para os fans da industria pornográfica. O plato forte do certame chegará da man da actriz e deputada Cicciolina, que se animará a cantar na Coruña. “É unha muller que se prodiga moi pouco nestes eventos e, cando lle plantexamos vir a Galicia, aceptou moi rápido”, finaliza Juli Simón.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.