Representacións das masculinidades na Galiza

Xornal de Galicia Actualizado 13/06/2009 - 01:03 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

Catro son os nomes dos artistas galegos coñecidos (e sempre poden xurdir para fortuna da crítica e público e en calquera intre outros nomes agora agochados) cuxo traballo vense desenvolvendo en torno ás masculinidades. Por orde de idade son Roberto González Fernández, Salvador Cidrás, Álex Mene e Félix Fernández. Deles tres non hai dúbida que é Cidrás o que conta, e con gran diferenza, co maior eco e sona no ránking sempre volúbel e caprichoso do sistema artístico español. Contou cunha extensa exposición individual no CGAC sendo aínda moi novo. Mostra na que por certo xa apuntaba cara a cuestións referidas á identidade e a sexualidade masculina, e penso por exemplo naquelas representacións de mozos novos que estaban a espirse e interrelacionar  nunha camaradería masculina. Logo exporía no Espacio Uno do Reina Sofía e, agora, o seu último fito profesional levouno a expor de xeito individual no MUSAC, quizais un dos templos españois da contemporaneidade artística máis chic e fashion. Entre mentres, a súa obra seguiu a medrar expoñencialmente en beleza e contidos homoeróticos particularmente nas súas series de mozos en branco e negro tirados dos chats e perfís da internet. Imaxes de torsos, sexos e rostros de inquedante desacougo e insolencia. Cidrás, por certo, fala das masculinidades sen facer uso do autorretrato, contrariamente ao que fan o resto dos aquí citados.

Falar de Roberto González Fernández é falar dun pioneiro en España das representacións da homosexualidade. Os seus debuxos dos inicios seguen a ser referenciais e seminais, polo camiño ten tido tempo para continuar a construír en gravados e pinturas todo un imaxinario sobre a masculinidade e o homoerotismo que vai dende a sida até o ligue nos parques pasando polo mito homoerótico de san Sebastián Mártir. A su obra sen embargo non conseguiu, e iso malia os moitos anos de carreira e a contar cun público ben fiel, facerse con importantes individuais en ningún dos grandes espazos museísticos da contemporaneidade artística española.  Pode ser que todo se deba aos dispares e variopintos camiños (de desigual fortuna) tomados en moitos casos pola súa pintura, mais con todo Roberto segue a ser un valor por descubrir con atención e paixón en determinados espléndidas ráfagas creativas da súa traxectoria. 
O caso de Félix Fernández e mailo o de Álex Mene poden ser a expresión de dous camiños paralelos, porque en ambos o propio autorretrato sexualizado constrúe unha parte fundamental do seu discurso, e porque a ambos os une un evidente goce na auto representación do propio corpo nú. A isto se une o feito de que en ambos fotografía e vídeo teñen sido as súas ferramentas de uso habitual. Mais, sen embargo, Félix caracterízase por unha recreación da masculinidade que fai maior acopio de cuestións teatrais e performáticas e tamén de postas en escena barrocas, onde hai lugar a complexas escenificacións (penso v.gr. en Festa branca) mentres Álex vén reivindicando unha ollada moito máis pausada e contida, moito máis íntima e doméstica, e centrada principalmente en torno ás narrativas dos xogos dos afectos (e vese ben todo iso no seu libro Cuestión de peito, A Nosa Terra). Os catro artistas citados representan, ao cabo, o vigor e a graza dunhas masculinidades poliédricas e gozosas que interpelan aos sentidos e á arte.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.