Domingo, 21 de marzo de 2010 - 21:27 h

Feijóo non desbota segregar por lingua se os pais o desexan

O xefe do Executivo asegura que a opinión dos proxenitores será “vinculante” no novo modelo lingüístico, aínda que admite que non lle "gusta" separar aos estudantes.
David Lombao / Santiago Actualizado 03/06/2009 - 00:15 h.
10 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

A vintecatro horas da xuntanza que esta mañá manterá o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, coa Confederación Española de Centros de Enseñanza –a patronal do ensino privado– e coa Confederación Gallega de Asociaciones de Padres de Alumnos, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non lle pechou a porta á separación dos alumnos en función do idioma.

Nunha entrevista concedida a Europa Press, Feijóo apostou por manexar “todas as posibilidades” nun escenario no que, tal e como revelou Xornal de Galicia, parte dos representantes das asociacións de pais acudirán ao encontro con Educación levando baixo o brazo propostas elaboradas por Galicia Bilingüe en canto no referido á segregación dos estudantes.

Se ben o xefe do Executivo recoñece que non lle “gusta” a posibilidade de situar en aulas diferenciadas aos alumnos en función do idioma escollido polos seus pais, Feijóo asegura, a renglón seguido, que a lingua na que os nenos aprendan “a ler e a escribir” será “a que elixan os pais”.

Así as cousas, o presidente deixa entrever a posibilidade de facer efectiva a segregación no ensino infantil. “A partir de aí –explica–, sempre que haxa dispoñibilidade de aulas e de recursos, buscaremos que casen os intereses dos pais cos recursos e criterios pedagóxicos”.

Consulta

Precisamente sobre a mesa do encontro que hoxe xuntará a Educación cos representantes das asociacións de pais e nais estará o debate sobre a segregación e, máis concretamente, o formato en que se producirá a consulta aos titores legais dos alumnos de ensino obrigatorio sobre o uso do idioma nas diferentes áreas de coñecemento.

Mentres que, atendendo ao adiantado por este diario, os colectivos contrarios ás medidas de normalización achegarán unha proposta de máximos na que toda a capacidade decisoria recaia nos pais, Feijóo móstrase, polo momento, máis cauto neste extremo.

Así, o presidente da Xunta explica que, ao longo deste mes, Educación consultará con 330.00 pais e nais o modelo lingüístico que desexan. O resultado da enquisa, di Feijóo, será a base para a elaboración do novo decreto que, segundo as previsións do Goberno galego, debera estar en vigor no curso 2010-2011.

Neste sentido, o titular do Executivo galego explica que a finalidade última das consultas será “conxeniar” o bilingüismo coa “liberdade” e trasladar a “amabilidade lingüística da rúa ás aulas”.

Aínda que Feijóo rexeita concretar as porcentaxes de presenza da lingua galega nas aulas pola que apostará o seu Goberno, todo semella indicar que sobre a mesa estará a proposta á que tivo acceso Xornal de Galicia, segundo a cal a presenza do galego ficaría reducida a un 33 por cento do total.
Mentres, Feijóo avoga por “deixar traballar aos técnicos” na elaboración dunha proposta sobre a que, advirte, “se non obtemos o consenso político, si imos consegguir o consenso dos pais”.

A Mesa e STEG

O feito de que Feijóo non pechase onte a porta a unha eventual segregación dos alumnos en función do idioma suscitou de novo as críticas entre os colectivos de defensa do idioma e nos representantes do profesorado.

En declaracións a este diario, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, mostrou o seu rexeitamento a unha posibilidade que, di, demostra que a “folla de ruta” do novo Goberno pasa por “desmantelar a oficialidade do galego”.

Neste contexto, Callón recoñece qeu “tampouco hai un modelo educativo definido polo PP” xa que, apunta, “pasan os días e seguen sen dicir o que van facer”.

Así e todo, e á espera das modificacións legais, o presidente da Mesa lembra que “o decreto aínda está en vigor e vaino estar o próximo curso” polo que, explica, ata que se produza a súa derrogación “son necesarias medidas para que se cumpra” na súa totalidade.

Tampouco o Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) se mostrou conforme cos plans do Goberno galego en torno á lingua, así como coa consulta que Educación realizará entre os pais de alumnos.
En opinión deste colectivo, a elección do idioma “non é algo que poidan decidir individualmente as nais e pais, xa que a educación compete a toda a sociedade” galega.

Deste xeito, e “no caso de seguir adiante coa consulta”, o sindicato cuestiona á Xunta sobre “que se preguntará” xa que o cuestionario que se achegue aos titores dos estudantes, din, “pode orientar unha resposta ou outra, polo que pode aproveitar o desprestixio socail do galego para obter unha resposta interesada”.

Neste escenario, o STEG lembra ademais que Educación “ non ten datos” sobre supostos “conflitos lingüísticos” derivados do uso do galego nos centros educativos e suliña que, no encontro mantido entre o sindicato e o conselleiro, Jesús Vázquez afirmou que “todas as posibilidades están abertas” de cara ao futuro decreto, no curso 2010-2011.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
españolazo
xabier
2009-08-19 11:26:29
Españolito, en dous segundos podería demostrarte o fascista e torpe que és. Tes moito que aprender, sobre todo a usares algo a cabeciña
2
Un casus belli
XG
2009-06-01 15:49:27
Bravo, A.V. Eu asino por correctas e precisas as súas definicións. Agora, esa xente xa decidíu que esta lingua de aldeáns, que non é a súa, non é "escollible" pq "no vale para nada". Eso xa o teñen sabido e decidido e é inutil tentar de demostrarllelo contrario. O que nos queda é considerar que esto é un conbate, aplicarnos a el como mellor saibamos e vencer. Se non facemos eso non valeremos e si perderemos.
3
decisión dos pais galegófobos VS dereito á educación dos nenos
A.V.
2009-06-01 12:44:53
O único que teñen os pais respecto ó ensino dos fillos é o DEBER de escolarizalos, pero de ningún xeito existe o dereito a decidir os programas nin os métodos (en todo caso, recoñécese o dereito a ENGADIR educación moral ou relixiosa ó resto do programa, pero non a recortar nada). Se os pais deciden "non quero que os meus fillos aprendan isto ou aquilo" están limitando o DEREITO DO NENO a recibir educación. Os rapaces deben aprender as dúas línguas, e logo xa decidirán eles libremente en cal delas se queren expresar: ése é o verdadeiro "dereito a escoller lingua", e non iso de querer privar ós fillos de aprender unha lingua e que logo non podan escoller.
4
imposíbel
arzaya
2009-06-01 12:23:55
A min o único que me parece claro é que dificilmente un galego-falante pode sentirse parte do país en que a súa lingua é minusvalorada. ignorada e desprezada. Se tanto insistir no asunto, van conseguir a segregación verdadeira
5
Yo ya estoy "segregado" del gallego
Españolazo
2009-06-01 10:43:42
Vivo y dejo vivir. Los gallizos ni viven ni dejan. Ese es el problema.
6
demagoxia da dereita fascista
cañoto
2009-06-01 09:47:51
Como pai apelo a miña liberdade individual a elixir os libros de texto dos meus fillos, asi como os mestres que lle van a dar as clases. A onde imos parar?
7
Mellorala unión e sobila contundencia da defensa da lingua
XG
2009-06-01 09:02:25
Perda coidado, non farán un referendum (por certo, tal vez habería que recollela idea de promovelo). Gastarán tempo con papeliños mentres tratan de seguir co método que viñan practicando de dividir, gastar, cansar e aplicación de feitos consumados. A consulta, ou o que fose, servirá para larear xustificando a aplicación do próximo feito consumado. O único que pode desvialos dese camiño é a certeza -certeza- de que lles sairía caro. Todo anterior dito sen prexulgar as propostas que houberan de parir, pq aínda non existen. O que xulgo son as súas intencións, algo máis dificil pero que xa se pode ir facendo sen temor. Estamos ante un claro casus belli: dispoñámonos a mellorala unión e sobila contundencia.
8
Amabilidade e segregación?
Andrés
2009-06-01 09:00:00
Que me expliquen como casan eses dous termos. Tamén querería saber se as demandas de "segregación" para que nenos e nenas estuden só en galego serían atendidas coa mesma "amabilidade" cás contrarias. Do que si estou convencido é de que son moitísimos pais e nais os que, querendo que os fillos e fillas falen e gosten do galego, non vemos ao castelán como "inimigo" ou inútil, todo o contrario; e tamén de que, pola outra banda (si, desgraciadamente xa hai bandas neste tema), non se pensa así ("¿para qué sirve el gallego, si sales fuera y nadie te entiende?").
9
Goberno galegofobo
Ana
2009-06-01 06:02:57
Agora chamaselle "liberdade" a impor coma lei o que decidan os pais do curso escolar 2009-2010. E "bilinguismo" a segregar os nenos para que so aprendan unha soa lingua. Coma se non tivesen capacidade de aprender duas ou mais e enriquecerse de quen fala diferente. Niso consiste o ensino, e non en ideoloxizar e fomentar o autoodio coma prenteden Feijoo e os GB.

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.