Medran un 30% as consultas psicolóxicas a menores en Galicia

O Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia explica que as causas son, entre outras, os trastornos de conduta e o acoso escolar.
Xornal de Galicia Actualizado 03/06/2009 - 02:05 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

Algúns estudios cifran entre un 20 e un 30 o incremento nos últimos anos de menores que acoden ao psicólogo, un dato que, segundo explicou a Europa Press, Manuel Castro, membro da directiva da sección de Psicoloxía Clínica do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, podería ser similar na comunidade autónoma galega.

Á marxe das estatísticas, este especialista confirmou que nos últimos anos detectaron un aumento das consultas por parte dos mozos por temas como trastornos de conduta social, cadros de ansiedade ou acoso escolar.

No caso dos trastornos de conduta, Manuel Castro asegurou que as causas son variadas, dende problemas de inestabilidade no ámbito familiar, conflitos pola separación dos pais ou unha falta de respecto ás normas, en ocasións, segundo este experto, derivadas da menor presenza dos pais no fogar por razóns profesionais.

"Ao ter que envorcarse máis no seu traballo, exércese tamén un menor control sobre os fillos o que en determinados casos xera inestabilidade e condutas caprichosas por parte destes", indicou este especialista.

Así, asegurou que se dan situacións "máis veces do que cabería esperar, en que un pai non sabe nin en que curso vai o seu fillo", indicou Castro á hora de exemplificar a escasa relación que existe ás veces entre os proxenitores e os menores. Por iso, avogou por recuperar a figura do pai e da nai no seo da familia e apelou ao papel das administracións "para velar pola conciliación da vida familiar e o cumprimento" das normas neste ámbito.


Acoso escolar

Respecto ao acoso escolar, indicou que Galicia non rexistra un número de casos "alarmante", aínda que si sinalou que detectaron "máis casos que nos últimos anos". Así, afirmou que "antes eran exclusivos da adolescencia, e se daban entre os 13 e os 14 anos, mentres que agora xa hai nenos de 10 e 11 anos".

Manuel Castro atribuíu á "aprendizaxe por imitación" o feito de que se rebaixara a idade dos menores vítimas de acoso escolar. "Os nenos acaban imitando o que ven", asegurou en alusión a menores de 11 ou 12 anos que acoden ao instituto e ven situacións de abusos por parte de compañeiros maiores.

Ao respecto, advertiu de que se están "socializando condutas de abuso", pero precisou que non só dende o ámbito escolar, senón que apuntou á responsabilidade das familias, dos medios de comunicación e da sociedade en xeral sobre este problema.

Por iso, considerou que as medidas para abordar o acoso escolar deben partir do ámbito familiar, da escola e das administracións. "Non vexo por que hai que recuperar a figura da familia tradicional, pero se a supervisión materna ou paterna como un elemento importante", afirmou Manuel Castro, quen incidiu en que "os estilos de educación libertarios non crean persoas libres, senón libertinos".


Educación en valores

No ámbito da escola, avogou por unha educación "na que se recupere a autoridade do persoal docente, pero sen que iso signifique pasar dun abusón de 14 ou 15 anos a un de 30 ou 40 anos", engadiu en referencia ao papel do profesorado. Tamén apostou por incluír na educación a "aprendizaxe dos valores" e porque os centros teñan un "regulamento de dereitos e deberes".

"Hoxe por hoxe todo o mundo parece ter claro os dereitos, pero non tan claro cáles son os seus deberes", indicou este psicólogo, quen denunciou a "falta de coherencia" das administracións á hora de abordar esta problemática nos centros.


Nenos hiperactivos

Xunto a este tipo de consultas, tamén se incrementaron as relativas a nenos hiperactivos. "A súa incidencia multiplicouse por dúas nos últimos 15 anos", asegurou Manuel Castro en referencia a estudios realizados tanto en España como a nivel internacional.

Non obstante, asegurou que hai casos que non poden vincularse directamente cunha hiperactividad, senón cunha "menor tolerancia e unha menor comprensión do neno", afirmou. Así, sinalou que "non hai nada que xustifique unha incidencia tan alta de nenos hiperactivos" e engadiu que "ás veces se chama hiperactivo a un rapaz máis inquedo e que necesita tamén máis supervisión".

En canto á vía pola que un menor chega á consulta do psicólogo, afirmou que son variadas, dende a preocupación dos pais ata a recomendación realizada dende o propio colexio ou o pediatra. Así, indicou que no caso dos trastornos de ansiedade e afectivos "hai unha maior concienciación por parte destes profesionais".

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.