Cultura recorta un 25% as axudas ao libro galego

A consellería repartirá na convocatoria deste ano 219.982 euros, e non 295.387 como o ano pasado. Os editores agardan que a rebaixa afecte tamén ás axudas que fomentan a tradución e que esta sexa a "tónica" da lexislatura.
Iago Martínez Actualizado 05/06/2009 - 00:12 h.
7 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 7 voto/s

Os editores galegos terán que facer un esforzo económico maior que o ano pasado se queren poñer no mercado obras especialmente custosas e de difícil comercialización. E iso malia a que estas publicacións procuren a “excelencia” ou sexan “obras de importancia para o crecemento intelectual de Galicia”, os requisitos que pon a Consellería de Cultura para solicitar as subvencións destinadas á edición e promoción de grandes proxectos editoriais. O departamento de Roberto Varela vén de recortar un 25,5%, algo máis de 75.400 euros, a contía destas axudas.

A convocatoria, publicada onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) pero ditada o pasado 25 de maio, dous días antes de que o conselleiro se reunise coa Asociación de Editores Galegos (AGE) e reiterase o seu compromiso co sector, reproduce case ao pé da letra a do ano pasado. Só hai dúas diferenzas. Unha, de forma, pois na comisión que valorará as solicitudes, ademais do director xeral de Promoción e Difusión da Lectura, o xefe de Servizo de Bibliotecas, a xefa do Servizo do Libro e Publicacións e un funcionario, haberá tamén unha persoa “vinculada laboralmente” co ámbito do libro. A outra, a que máis preocupa ao sector, é de fondo: este ano repartiranse 219.982 euros e non 295.387 como na convocatoria anterior.

Sen noticias da tradución

Outro dato preocupante para os editores é que, a diferenza do ano pasado, cando ambas se publicaron xuntas, no DOG de onte non aparece a convocatoria de axudas á tradución de libros galegos a linguas estranxeiras e viceversa, dotada en 2008 con case 283.000 euros. Non se trata tanto da contía, moi semellante, senón da importancia que a exportación e importación de títulos ten agora mesmo no mercado do libro en Galicia e mesmo do papel que pode ter para o futuro da lingua e a literatura galegas.

Preguntada por ambas cuestións, a Consellería de Cultura evitou dar explicacións polo momento. Cómpre lembrar que hai apenas unha semana, o pasado 27 de maio, o conselleiro asumiu publicamente o compromiso de consolidar as axudas ao sector que puxera en marcha a anterior responsábel do departamento, Ánxela Bugallo. Referíase, explicitamente, a estas axudas, aínda que tamén ao desenvolvemento da Lei do Libro e a Lectura, aprobada durante a pasada lexislatura, á celebración do Ano da Lectura no vindeiro 2010 e á aposta pola exportación do libro galego a través da presenza dos principais axentes do sector nas distintas feiras e foros internacionais.

Segundo fontes do sector, esta decisión de rebaixar as axudas é un “síntoma preocupante” de cara ao cumprimento doutros compromisos adquiridos, ben por Roberto Varela logo da súa de posesión á fronte de Cultura, ben polo Partido Popular a través do seu programa electoral e da súa campaña nas autonómicas. Entre eles, a revisión do programa de gratuidade dos libros de texto aplicado pola ex conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Coerência
Pedro Bravo
2009-06-02 20:21:06
Quando menos é coerente. Já que diz que conformam a “maioria natural”, e os iletrados são os mais, para que lhes servem os livros? Ler exige esforço, como falar galego dignamente na nossa terra, e já tenhem Antena 3 para lhes dar motivo de conversa. Porque eles si que são tediosos.
2
Co PP o idioma está de saldo
Marcos
2009-06-02 20:19:20
Xa se lle ven os dentiños de doberman ó cachorriño de Feijóo, a este paso non tardarán nin dous telediarios en desfacerse do idioma. ¡Qué alguén pare isto, por Deus!
3
Pero incremente as axudas aos medios de comunicación
Pomponio
2009-06-02 18:21:41
E incrementa nun 13,9% as axudas aos medios decomunicación, pasando aos 2.5 millóns de euros. Ver DOG. Cántos destes millóns irán a J'accuse? (LVG-PP)
4
Inquisición
Foucellas
2009-06-02 17:57:20
Xa ven a inquisición rematar cos libros e se son en galego mellor, hai Feijoo se che ve o plumero, xa chegara o día de pagar o antigalegismo que che obrigan a facer dende o despacho do Sr. Aznar o Rebuznar
5
A Españolazo:
Carlos
2009-06-02 16:08:23
Por favor, este acostuma ser un foro construtivo no que abundan normalmente as argumentacións. A industria editorial española xa ten moitas axudas do ministerio e a propia lingua española varios centos de millóns de euros, por exemplo, a través do Cervantes. Eu non o miro mal. Tampouco miro mal que a Xunta axude á industrial editorial galega que dá emprego a varios milleiros de persoas.
6
Siempre serán mayores que las ayudas de la Xunta al "libro español"
Españolazo
2009-06-02 14:00:11
Mira que estáis aburridos eh.
7
Os tres cipaios, riran agora?
Lobo solitario
2009-06-02 13:21:43
Lembrome de boa sintonia que unha foto transmitia, no dia das Letras, O Presi.da RAG, O xeriff do Consello da Cultura , e o risoño executivo de Galaxia, facendolle as beiras a un enterrador do galego como o Sr. Feijoo, seguiran rindo a cachon agora?

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.