Saramago e Rivas, man a man na Coruña

Os dous escritores estarán esta tarde, ás 20.00 horas, na Fundación Caixa Galicia na sexta edición dos Diálogos Literarios de Mariñán.
Albino Mallo Actualizado 04/06/2009 - 01:57 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Os escritores José Saramago e Manuel Rivas participarán hoxe nos Diálogos Literarios de Mariñán. O farán nun acto que terá lugar ás 20.00 horas no auditorio da Fundación Caixa Galicia, onde falarán de "narrar e lembrar".
O Pazo de Mariñán acolleu a inauguración da sexta edición dos Diálogos Literarios de Mariñán, organizados pola Fundación Carlos Casares e, entre outros, a Deputación da Coruña. O acto contou coa presencia da presidenta da Fundación Carlos Casares, do seu homólogo da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, ademais do delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro; do director xeral de Promoción e Difusión Cultural, Francisco López Rodríguez; do secretario xeral de Normalización Lingüística, Anxo Lourenzo Suárez, e da directora da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto.
No seu discurso inaugural, o presidente de Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, deu a benvida aos participantes "a este singular espazo de creación" como é o Pazo de Mariñán. Fernández Moreda lembrou que os Diálogos Literarios de Mariñán naceron hai seis anos inspirados nos "Encontros de Verines", e dos que Casares foi un dos principais impulsores. "Hoxe os Diálogos Literarios de Mariñán teñen xa personalidade propia e fan realidade o soño do que fora o gran renovador do Consello da Cultura Galega", afirmou Fernández Moreda en alusión a Carlos Casares, a quen definiu como "unha das figuras senlleiras da cultura galega no século XX."
O presidente da Deputación da Coruña manifestou o seu desexo de que esta iniciativa "sirva como homenaxe" a Carlos Casares pois "estes encontros son a expresión máis firme dese espírito dialogante, do bó facer no eido cultural, e fan que hoxe poidamos lembrar ao home, ao intelectual que foi, ao narrador de historias, ao gran conversador, ao amigo", concluíu Salvador Fernández Moreda.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.