O colectivo Galicia Bilingüe (GB) dirixiuse onte de novo ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, para instar ao maximo responsable da Administración educativa galega a pasar por alto o decreto de uso do galego no ensino actualmente en vigor.
A través dunha carta asinada pola súa presidenta, a profesora de inglés Gloria Lago, GB insta a Vázquez a artellar as medidas necesarias para que “se permita con carácter inmediato” que os estudantes poidan empregar “la lengua de su elección en las aulas”.
Coa vista posta nos exames deste mes de xuño, Lago remitese ás “promesas electorales” do PPdeG en torno á derrogación do decreto do galego. Así, e dado que “previsiblemente no va a ser posible cumplir para el curso 2009-2010”, a asociación solicita a posta en marcha “con urgencia” de medidas provisionais.
Entre as alternativas que, segundo GB, poderían implantarse sen infrinxir a legalidade vixente, sitúase a remisión de “una circular a los centros puntualizando que, para evitar perjuicios a los estudiantes castellanohablantes, se pemita al alumnado usar el idioma de su elección”.
Así e todo, Lago suliña que unha solución de “mayores garantías” pasa por “modificar” o acutal decreto, de tal xeito que a Xunta exprese “con claridad” a “libertad” de elección dos alumnos, “con independencia del idioma vehicular empleado por el profesor”.
Do mesmo xeito, GB fai fincapé en que, xunto a esa “libertad”, os estudantes teñan “el derecho a disponer del material didáctico correspondiente en el idioma de su elección”.
