Domingo, 21 de marzo de 2010 - 9:21 h

A opinión dos pais será a “base” para o decreto do galego

Feijóo di en Madrid que Galicia abandona a “imposición” do galego coa enquisa a 330.000 pais e a reforma das oposicións e ofrécelle ao PSOE un pacto en materia lingüística.
David Lombao / Xornal.com Actualizado 06/06/2009 - 01:27 h.
13 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 7 voto/s

“Punto de partida das futuras políticas lingüísticas e do inminente decreto do galego”. Esta será, en palabras do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, a consideración que terá a opinión dos pais dos estudantes para elaborar as normas que rexerán a presenza da lingua galega nas aulas.
O propio Vázquez transmitiulle esta premisa aos representantes da Confederación Española de Centros de Enseñanza –a patronal do ensino privado–e mais á Confederación Galega de Pais de Alumnos –que agrupa aos colexios concertados–, a través de senllas xuntanzas na sede da Xunta.
Neste marco, o responsable da política educativa da Xunta explicou que “nos vindeiros días” será pública a data na que Educación lles remitirá aos “pais” unha enquisa para coñecer a súa opinión sobre  o uso da lingua nas diferentes materias académicas.
Apunta Vázquez que o Goberno galego ultima nestes días os “últimos flocos” dunha “consulta” que estará composta por “unha serie de preguntas” adaptadas a cada ciclo educativo. O seu resultado, afirma, non servirá só “como información” para o Executivo autonómico, senón que será “tido en conta” para a elaboración de futuras leis, comezando polo novo decreto.

Infantil na “lingua materna”
Segundo a explicación do conselleiro, a Xunta está a estudar un modelo educativo no que, o ensino infantil teña como base “a lingua materna” do alumnado e, despois deste ciclo, os alumnso se incorporen a “outras linguas”, entre as que se incluiría a galega.
En calquera caso, Jesús Vázquez rexeita dar detalles sobre un proxecto que, afirma, “tratará de chegar ao maior consenso posible” e que estará adaptado, ao mesmo tempo, “ás dispoñibilidades económicas” das arcas públicas galegas.
Precisamente á cuestión financeira alude Vázquez ao ser preguntado por unha eventual “segregación” dos alumnos en función do idioma, tal e como propoñen colectivos como Galicia Bilingüe. Se ben Educación non se mostra partidaria desta posibilidade, o conselleiro asegura que “a mesa está aaberta a que se poida poñer enriba calquera tipo de proposta”.
Sobre esta posibilidade, o presidente da patronal do ensino privado, José Manuel Álvarez, mostrou, ao termo da xuntanza co conselleiro, o seu acordo coa postura da Xunta xa que, explica, “somos partidarios de que los padres tengan derecho a elegir la lengua en que educan a sus hijos”.
Nun sentido semellante expresouse, despois do seu encontro con Vázquez, o presidente de CONGAPA, José Ramón Hermida. Se ben o representante dos centros concertados eludiu “revelar” as propostas que lle transmitiron á Xunta –entre as que, tal e como adiantou Xornal de Galicia, se atopaban as elaboradas por Galicia Bilingüe–, Hermida mostrouse satisfeito cunha xuntanza “tremendamente agradable” na que, di, constatou que a Xunta “está nun camiño moito máis adecuado que o que viñamos sufrindo ata o de agora”.

Feijóo, contra a “imposición”
Tamén o presidente da Xunta reiterou onte a súa aposta por basear as futuras normas lingüísticas na consulta que, di, chegará a “330.00 padres” en toda Galicia.
No transcurso da súa intervención no Forum Nueva Economía, en Madrid, Alberto Núñez Feijóo apostou por un “acuerdo” entre “el PP y el PSOE” para “volver a la normalización lingüística, abandonando la imposición”.
Como exemplo neste sentido, Feijóo destacou ante os presentes a reforma da Lei da Función Pública e a súa intención de “derogar” o decreto que regula o uso do galego no ensino.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
fin de la imposicion
libertarioanarquista!
2009-06-04 21:45:38
veo que la mayoría de los que escriben comentarios no se han enterado que han perdido las elecciones,bueno ya nunca las habían ganado,y que su totalitarismo ha sido derrotado,de por vida,sois un producto a extinguir,no el gallego que os sobrevivirá sin duda alguna,vuestra ideología simplemente ha muerto en galicia y pronto en españa.
2
para nostrus
Adrian
2009-06-03 10:50:09
O teu é de negacionismo contumaz neniño. Mira, a ver se che queda claro; a Constitución española di que o galego, como língua existente no estado español, é cooficial do estado en Galicia; o Estatuto de autonomía, que é unha lei orgánica do estado, di que o galego é o idioma propio de Galicia, quedando os poderes públicos galegos emprazados á súa promoción; a Lei 3/1983, de normalización lingüística de Galicia, di que o idioma propio de Galicia é o galego, e por tal motivo a língua galega é a propia das administracións públicas galegas. Nese contexto aprobou o último goberno do PPdeG, sendo presidente o señor Fraga, o plan de normalización, sendo un dos obxectivos dese plan garantir na primaria e secundaria o 50% das asignaturas impartidas en galego, sendo o Decreto 124/2007 a norma que desenvolve tal obxectivo. É dicir... falar de intolerancia e imposición por parte das gaivotas cando menos é incorrecto, e no mellor dos casos é unha soberana estupidez. Porque o PPdeG é o responsable de toda a normativa agás o Decreto 124/2007. E non quero esquecer que o señor Feijóo votou favorablemente a unha enmenda de promoción do galego na administración pública galega... sen esquecer que os institutos e colexios públicos son administracióni pública.
3
Aló vai ogalego, de harmónico a cordial
Inacio Xesús
2009-06-02 21:46:31
O PSdeG evos moi hipócrita, usa o galego só canda está na oposición; mirade senon o que ocorre no concello da Coruña, cun bipartito no que os socialistas boicotean a política lingüistica do seu socio BNG. Veño de escoitar o programa da radio galega ABERTO POR REFORMAS, xa non está Xurxo Souto, e nada de música galega, todo en inglés (será un adianto do famoso trilingüismo?). U-la súa sinopse: “Un lugar de encontro para os estilos musicais máis variados, unidos polo nexo da lingua galega. Xurxo Souto dirixe e presenta o programa, que os domingos presenta Vituco Neira”?. Imos cara atrás. Catro anos non foron nada. Un ouvinte doido. Inacio
4
Várias baralhas
Pedro Bravo
2009-06-02 20:38:01
Se os princípios são um disparate, não iam ser menos os procedimentos. Feijó joga com várias baralhas (escolha dos pais, restrições econômicas, falta de formação do professorado –em boa parte iletrado em galego- etc.) e tirará dum ou doutro critério segundo as circunstâncias. O mínimo que pode fazer é que a “consulta” seja universal, pública e vinculante. Eu, como professor, após fazer um considerável esforço por aprender galego, traduzir textos, etc., etc., sem ajuda nenhuma (não esqueçamos, por exemplo, que mália ser a “língua de convivência” nos centros, a imensa maioria estão subscritos a jornais que desprezam o galego) não vou renunciar á minha liberdade de escolha. Não penso dar aulas em castelão em absoluto.
5
tiembla la intolerancia
nostrus
2009-06-02 20:27:36
Si tengo una pensión de hace muchos años y otra persona también la merece, pues que se la den también a ella, pero sin quitármela a mi. El derecho a estudiar en castellano viene de muy atrás y no puede ser eliminado. Por otro lado Galicia no es una nación-isla remota, como algunos nos quieren convencer, sino que es parte integrante de España y los españoles tienen derecho a estudiar en su lengua en cualquier parte del país. De lo que se trata, luego, es de ampliar el derecho para poder estudiar también en gallego. Para corregir una injusticia no hace falta cometer otra
6
ITO.CASTRO
ITO CASTRO
2009-06-02 19:31:12
PRA ROXOTOXO: ESTOU CONTIGO, SE SE CONSULTA QUE SEXA SOBRE TODO O RELACIONADO COA EDUCACION, SE NON PRA ESO ESTAN OS CLAUSTROS DE PROFESORES...... E QUE ME DEN LIBERDADE PRA ESCOLLER EN QUE ESCOITAR RTVE...EN GALICIA 50% EN GALEGO..E OS PERIODICOS 50% EN GALEGO..E A CORIN PUERRO,RAXOI, PASTOR, ETC QUE FALEN 50% EN GALEGO...ASI EU EXERZO A LIBERDADE DE ESCOITALOS CANDO FALEN EN GALEGO ..OU NON.. ESCOITAR A DEREITA ESTA, FALAR DE LIBERDADE SONA ESTRANO NON? OUTRO DETALLE , UN TERZO EN GALEGO? EN QUE LINGUA ESTARAN ESCRITOS OS LIBROS? SERAN MAIS CAROS? BEN, PASAR DO 50% NO BIPARTITO AO 33% CON FEIXOO, E BAIXAR ¿NON?
7
Esto é un fraude
galegademeu
2009-06-02 16:44:07
Pero esto que é? Agora unha representación dos colexios privados (pagados por todos)son os que van dirixir a Consellería de Educación? Para que queremos ao Conselleiro? Onde están as asociacións de pais e nais do ensino público? Onde está o Consello Escolar de Galiza.Imposición do español, colonización por parte dos nacionalistas españois. Xa vale. Nalgúns Centros estanse a reunir para negarse a entregar as enquisas. Que vaian os Monolingües ás portas dos colexios a facer a enquisa. Faltaría máis!
8
MAIS GALEGO
O RAPOSO
2009-06-02 13:44:47
ESTES DA FOTO NON REPRESENTAN A MALLORIA DE GALEGAS E GALEGOS SON UNHA MINORIA
9
encuestas para todo
Jloria for president
2009-06-02 13:20:52
¿Y porque no preguntan si queremos pagar menos impuestos como en EEUU? ¿conducir a 210 km/h por autopistas como en Alemania? o poder tener 3 mujeres como en Kuwait? ¿que tipo de preguntas serán? ¿serán como las del referendum de la OTAN?

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.