O goberno galego vén de aprobar unha modificación na cantidade máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria ás axudas económicas aos medios de comunicación por valor de 2.500.000 euros. Polo tanto era será a cantidade que utilizará a Xunta de Feijóo para subvencionar aos medios, a maiores doutras fórmulas como as que premian o uso do galego ou os convenios publicitarios.
A disposición, publicada hoxe polo Diario Oficial de Galicia, amplía unha dotación que só ascendía a 39.336 euros. Unha fórmula idéntica foi usada polo bipartito, se ben as últimas axudas aos medios do goberno de Touriño foron de 2.200.000 euros, menor á do actual gabinete do PP.
