Cristina Domínguez, máximo dous anos á fronte do CDG

A directora en funcións do Centro Dramático Galego podería seguir até que atopen un novo responsábel, pero non máis alá de dous anos.
I.M. / A Coruña Actualizado 05/06/2009 - 00:12 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

De asumir a responsabilidade do Centro Dramático Galego (CDG) mentres non se incorpora un novo equipo directivo, Cristina Domínguez estaría nunha situación moi semellante á de Manuel Olveira no Centro Galego de Arte Contemporánea. O director do CGAC seguirá aínda no cargo até finais de ano, segundo fontes da Consellería de Cultura, non porque conte coa confianza do novo titular, Roberto Varela, senón porque é preciso que alguén xestione o museo mentres a Xunta prepara as bases do concurso que previsibelmente ha rexer a elección do substituto de Olveira. O programa electoral do Partido Popular comprometíase a incorporar no seu goberno o que se contén no Documento Cero, un protocolo de boas prácticas na xestión de infraestruturas públicas de arte contemporánea. Isto, na práctica, suporía a convocatoria dun concurso, para o que hai que redactar previamente unhas bases e cuxo proceso de posta en marcha debe pasar distintas fases e consultas en diversos foros. Todos estes pasos situarían a Olveira á fronte do CGAC, cando menos, nos vindeiros cinco ou seis meses. No caso de Domínguez, cuxa xestión foi menos contestada polo PP e os medios de comunicación afíns cando Núñez Feijóo estaba na oposición, a ‘prórroga’ podería chegar aos dous anos, límite que a directora en funcións do Centro Dramático Galego se marca nesta etapa da súa carreira profesional.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.