Martes, 09 de febrero de 2010 - 19:48 h

Microsoft négase a detallar o seu contrato millonario coa Xunta

A preguntas de Xornal de Galicia, a multinacional remite ao Goberno para explicar o contido dun acordo sen publicidade e que non foi publicado no DOG
Xornal.com Actualizado 05/06/2009 - 00:18 h.
4 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 6 voto/s

O caso Microsoft continúa a enredarse. A multinacional négase a especificar os termos do contrato de 2,2 millóns de euros que lle foi adxudicado pola Xunta sen publicidade para a adquisición de novas licenzas na Administración. Malia a polémica desatada tras a información de Xornal, a empresa pásalle a bóla ao Goberno galego, que tampouco explica as condicións do acordo malia as preguntas da oposición.

Ante os intentos deste diario por coñecer os termos do millonario contrato, Microsoft limítase ás explicacións da Xunta e "roga" que as preguntas lle "sexan trasladadas ao organismo competente do Goberno galego".

O Executivo de Núñez Feijóo adxudicou a principios do mes
pasado un contrato de 2,2 millóns de euros a Microsoft para a adquisición de novas licenzas na Administración e a renovación das xa existentes. O concurso, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, realizouse mediante un procedemento negociado sen publicidade e non foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG). Todo, malia a elevada contía económica, en concreto 2.215.680,54 euros que recibirá a multinacional estadounidense.

Ademais, non se convocou en ningún momento a mesa de contratación e o prazo que se lle deu a Microsoft para contestar, desde o inicio do expediente, foi de cinco días e cunha fin de semana por medio. Non fixo falta, xa que a multinacional non tardou nin 24 horas en aceptar as condicións.

O inicio do expediente do contrato produciuse o 16 de abril e o informe técnico foi realizado por Jorge Remuiñán, subdirector xeral de Servizos de Informática e Telecomunicacións con Méndez Romeu. A pesar de que en mans do Partido Popular estaba a paralización do expediente se non o consideraba adecuado, o 6 de maio Beatriz Cuiña Barja, secretaria xeral de Presidencia, asinou a resolución de adxudicación provisional.

A falta de publicidade e o escurtantismo que arrodean o acordo non impiden o silencio de Microsoft ante as preguntas deste diario. "Todas fan referencia a un contrato coa Xunta, así que as preguntas deben ir dirixidas a esta", insisten, malia que algunha das cuestións se referían unicamente aos produtos que se incluían no contrato ou ao tempo que levaba a multinacional traballando co Goberno galego.

O que é claro é que a oferta de Microsoft cumpre co demandado no prego de condicións, tal e como recolle o expediente, que tamén aclara: "Solicitouse unha soa oferta á empresa Microsoft Ireland Operations Limited por ser a propietaria do produto, recibindo a oferta o día 17 de abril de 2009". "A avalición -do concurso- non procede ao existir unha única oferta que cumpre o demandado", engade.

Desde a publicación do caso por Xornal de Galicia, o PP limitouse a asegurar que a responsabilidade era do anterior conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o contrato coa multinacional "era a opción menos mala". Segundo fontes populares, o acordo foi ratificado por carácter urxente, xa que algunha das licenzas que se van renovar caducaban e era necesario non frear o procedemento, iniciado co anterior Executivo.

Méndez Romeu limítase a matizar que "o contrato, formalmente, foi asinado polo actual Goberno". Así, tanto PSdeG como BNG rexistraron no Parlamento nos últimos días iniciativas e preguntas para ser contestadas polo Executivo en comisión e,s e o permite o PP, no pleno da Cámara.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
AUDIS POR SOFTWARE
Eduardo Castro
2009-10-13 04:29:46
Eso arranxao o Feixoo...co que lle den polos audis...de Frega, so de Feixoo, e o de Touriño......xa teñen pra pagar as Licencias ... Eso si que é despilfarro...non hai Citroens libres de custo pra todos , pero Software libre si¡¡¡¡
2
Qué esperabades?
Xoán
2009-06-04 17:18:58
As cousas son como son, o PP estivo no poder 22 anos en total dende que hai autonomia; máis ainda teñen que falar de desfeitas, que si as teñen supoño que eses 22 anos influirian.O Monte Gaias ou Cidade da Cultura que é o gasto máis Faraonico probablemente do Estado, non foi cousa de ninguén máis que do que mandanba nese intre.......PP-FRAGA.
3
hablar por hablar
70434
2009-06-04 16:00:28
¿Y a quien le va a comprar las licencias del software informático instalado en la Xunta? Logicamente al propietario del software. Quereis hacer polemica en donde no la hay.
4
Os ricos mais ricos
Ferreiro
2009-06-04 10:33:47
Este Pais e a esta xentiña non hai quen a entenda, non hai cartos pra caseque nada - segun eles- pero aparecen pra Microsoft,(monopolio informatico) a semanaverde en quiebra de xulgado de guardia dende os tempos do PP ,que o PSOE non foi quen de arranxar, hai cartos pra Galicia Bifida, pero non pra as biblitecas con libros en Galego, quen é o culpable?, O POBO NON SEMPRE VOTA CON SENTIDIÑO

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.