Domingo, 21 de marzo de 2010 - 1:34 h

O PP estuda se pode esquivar xa o decreto do galego

O Goberno busca resquicios para os exames de xuño. “Se temos posibilidade de aplicar as nosas ideas sen incumprir a lei farémolo dende xa”, asegurou Alberto Núñez Feijóo. A CIG lembra que xa hai fórmulas para preguntar aos pais, que pasan polas APAs.
Rodri Suárez / Xornal.com Actualizado 07/06/2009 - 01:08 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

O PP busca resquicios para darlle outra alegría a Galicia Bilingüe. Logo de que a plataforma contraria á normalización do galego pedira que se incumpra o decreto do galego xa nos exames de xuño, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo recoñeceu que se o documento vixente recolle “algunha posibilidade” de que o alumnado galego teña “liberdade” para responder aos exames de xuño nalgún dos dous idiomas oficiais, “utilizarase xa”. Despois, suavizou esta postura cun matiz: “Pero en todo caso a Xunta axustarase ao decreto do galego en vigor ata que aprobe un novo”. Pero insistiu. “Corresponderalle á Asesoría Xurídica ver se hai marxe e se o hai, utilizarémolo”, asegurou o líder do PPdeG tras o Consello da Xunta.
Preguntado acerca de se quere requerir á Asesoría Xurídica a confirmación desas posibilidade de que o alumnado responda en castelán os próximos exames, Núñez Feijóo asegurou que dar este paso non lle corresponde ao presidente. “Non vou trasladar nada, a Consellería de Educación saberá o que ten que facer”, sentenciou para advertir, ao tempo, de que se hai “algunha queixa” ante a Inspección Educativa, será “atendida e estudada”. Precisamente, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Linguística, Anxo Lorenzo, presentarán hoxe a fórmula de consulta sobre a elección de idioma que comezará a próxima semana.
Pero a contestación mantense. “Non só como unha agresión á lingua senón tamén como un desprezo aos membros da comunidade educativa”. Así cualifica a federación de Ensino da CIG a anunciada consulta aos pais para elaborar un novo decreto do galego. “Non se poden facer este tipo de enquisas, que ademais por moito que o agochen só teñen como obxectivo xustificar un retroceso na defensa do galego”, segura Anxo Louzao, secretario xeral do sindicato nacionalista no ensino. “Xa existen canles regulamentadas para coñecer a opinión dos pais e nais, que son as ANPA –Asociacións de Nais e Pais– e as suas confederacións e o propio Consello Escolar de Galicia , órgano que informou positivamente do actual decreto”, explican dende o sindicato. “Consultar mediante unha enquisa en que lingua se debe vehiculizar o ensino é tan inapropiado como preguntar se se debe explicar o ser humano baixo a teoría da evolución ou a do creacionismo ou se Karl Marx debe formar parte do programa de filosofía. Unha enquisa destas características é unha desconsideración ao profesorado que é o verdadeiro cualificado e responsábel na práctica de aplicar o currículo escolar. E débese considerar ademais que estamos ante o dereito a coñecer o idioma propio e os dereitos non poden ser sometidos a consulta”, indica a CIG, que mantén a súa intención de “saír á rúa se insisten no retroceso linguístico”.
Nin sequera a posibilidade, deslizada polo conselleiro de Educación de intentar aprobar o novo texto regulador durante o verán reduce a axenda reivindicativa dos nacionalistas. “Supoño que terán a tentación de agochar a medida pensando que poden evitar polémicas, pero non creo que se axuste aos tempos reais e nós estaremos enfronte en calquera caso”, advirte Louzao. 

Doma e castración

O presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, achacou onte a unha “nova doma e castración de Galicia” a “supresión fulminante dos contidos” na CRTVG e que afectou concretamente “a promoción de música en galego do programa ‘Aberto por reformas’, da Radio Galega, que presentaba Xurxo Souto”. Nun comunicado, Callón denuncia que “os dirixentes actuais do PPdeG actúen como fanáticos contra o galego” e que “adopten medidas contra a posibilidade de optar por este idioma nos diferentes ámbitos”. “Como podo escoller oír música en galego de grupos e solistas emerxentes, nalgunha emisora de todo o día, se, sectariamente, a Radio Galega deixa de cumprir co seu papel de ascendelos?”, preguntouse. Así mesmo, criticou a decisión da Deputación de Pontevedra de “deixar de comprar libros no idioma propio de Galicia para as súas bibliotecas”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Moito fume
Adrian
2009-06-05 11:59:20
Feijóo está a utilizar a demagoxia agora para calmar a Galicia Bilingüe. Nin 2 meses de goberno, e xa ten que utilizar a demagoxia e o engano para calmar aos da súa corda... Ajarrádevos aos pelos do peito... o que nos espera en 3 anos e pico...

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.